O Salón de Plenos do consistorio de Padrón acollerá mañá ás 12.00 horas o sorteo público das catro prazas asignadas pola Deputación Provincial da Coruña para participar no programa "Campaña de Inverno 2019", concretamente na quinta quenda, que comprende do 22 de febreiro de 2019 ao 25 de febreiro de 2019.
A celebración deste sorteo é precisa debido a que antes de rematar o prazo de inscrición xa se presentaron máis solicitudes que prazas ofertadas pola Deputación Provincial da Coruña, polo que a adxudicación realizarase mediante sorteo.
Anuncio de convocatoria do sorteo (Ver PDF).