A Concellaría de Deportes de Padrón anuncia que a décimo sétima edición da Carreira Popular "Padrón 10K" celebrarase o sábado 23 de febreiro e os participantes interesados en inscribirse poderán facelo a partires das 12.00 horas de hoxe na páxina web www.emesports.es.
Esta proba, que na última edición contou coa participación de máis de 1.000 corredores entre tódalas categorías -desde pitufos ata máster-, incorpora este ano a novidade de que o Campionato Provincial da Coruña de 10 quilómetros en ruta disputarase ao mesmo tempo que a carreira popular. Debido a isto, o control da proba correrá a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo e as marcas obtidas terá valor oficial, ao tratarse dunha distancia homologada.
Tendo en conta esta novidade, desde a Concellaría de Deportes agárdase "unha elevada inscrición" tanto nas categorías de adultos como nas de escolares. Segundo a programación prevista, as probas comezarán ás 16.00 horas na categoría pitufos (100 metros) e ás 17.30 darase a saída á carreira absoluta (10 quilómetros).