O Concello de Padrón vén de sacar a licitación as licenzas de uso dun total de 230 parcelas para a instalación de postos de venda e atraccións feirais durante as Festas da Pascua de 2019 e 2020 no Campo do Souto, no Paseo do Espolón e nas rúas da contorna.
Segundo explicou o concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez, aínda que o número global de parcelas supera as 400, nestes momentos quedan dispoñibles estas 230 que saen a licitación e que se destinarán á instalación de atraccións de tipo mecánico e eléctricas, tómbolas e xogos de azar, postos de venda de comidas e/ou bebidas, roupa e complementos, bisutería, marroquinaría, música, artesanía e produtos semellantes, así como para a exposición de maquinaria agrícola.
Os interesados en participar na licitación poden informarse no teléfono 981 81 04 51 e dispoñen de oito días naturais para presentar no Concello a solicitude e a documentación requerida.
DOCUMENTACIÓN DA LICITACIÓN DAS PARCELAS DA PASCUA
- Prego de condicións que rexerán a licitación das autorizacións para o uso temporal do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais no Concello de Padrón con motivo das Festas de Pascua 2019 e 2020 (Ver PDF) Publicado o 21 de marzo de 2019
- Anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) de licitación das licenzas de uso das parcelas da Pascua nos exercicios 2019 e 2020 (Ver PDF) Publicado no BOP o 21 de marzo de 2019
- Modelo de declaración da actividade (Ver PDF) Publicado o 21 de marzo de 2019
- Modelo de oferta económica (Ver PDF) Publicado o 21 de marzo de 2019
- Anexo A: Impreso de autoliquidación da taxa pola instalación no dominio público municipal de atraccións feirais con motivo das Festas da Pascua do Concello de Padrón (Ver PDF) Publicado o 21 de marzo de 2019
- Anexo II: Zona A (Ver PDF) Publicado o 21 de marzo de 2019
- Anexo III: Zona B1 (Ver PDF) Publicado o 21 de marzo de 2019
- Anexo IV: Zona B2 (Ver PDF) Publicado o 21 de marzo de 2019
- Anexo V: Zona C (Ver PDF) Publicado o 21 de marzo de 2019
- Anexo VI: Zona D1 (Ver PDF) Publicado o 21 de marzo de 2019
- Anexo VII: Zona D2 (Ver PDF) Publicado o 21 de marzo de 2019
- Anexo VIII: Zona D3 (Ver PDF) Publicado o 21 de marzo de 2019
- Anexo IX: Zona D4 (Ver PDF) Publicado o 21 de marzo de 2019
- Anexo X: Zona E (Ver PDF) Publicado o 21 de marzo de 2019
- Anexo XI: Plano xeral (Ver PDF) Publicado o 21 de marzo de 2019