-->

O Concello de Padrón consegue unha subvención da IDAE para renovar o alumado público

A Corporación local de Padrón celebrou esta mañá un pleno extraordinario para aclarar o estado dos procesos de licitación de varios servizos municipais. Ante as preguntas do Grupo Socialista, o alcalde explicou como dende que están no Goberno tiveron que dar resposta a “contratos de anos anteriores”, o que retrasou algún proceso, se ben, a pesar desta situación, o equipo do executivo local puxo en marcha numerosos proxectos e contratos durante os últimos anos.

Antonio Fernández recalcou que en todos os casos “a intención é licitar canto antes”, aínda que puntualizou que este proceso “non sempre asegura o prezo máis baixo”. O alcalde asegurou que “todo o seu equipo traballa incansablemente para garantir o benestar de todos os veciños de Padrón”, e explicou que a prioridade actual son as instalacións do alumado público municipal. Dende a alcaldía solicitouse unha subvención para a súa renovación ao Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE). A axuda concedida ascende a 240.004,83 euros, e completarase con fondos municipais ata acadar un investimento de 300.006,04 euros. Así, substituíranse 596 luminarias por outras de tecnoloxías LED para reducir a potencia e o consumo, e reformaranse os cadros de mando e instalacións eléctricas para adaptalo ás novas esixencias enerxéticas.

Pola súa parte, dende o BNG, recalcaron que “a pesar das diferenzas ideolóxicas, asumimos que a responsabilidade de goberno é de todos os grupos”, polo que instou ao alcalde ao licitar o servizo de recollida de lixo para a súa aprobación.

Contratos persoal laboral e funcionarios

Respecto aos procesos xudiciais abertos sobre a consideración de determinados postos como persoal laboral, os tres procesos resolvéronse coa certificación da súa clasificación como persoal laboral, e absolvendo ao Concello doutro tipo de obrigacións. Neste contexto, o mandatario local explicou que actualmente estase a realizar unha nova RPT –que inclúe ao persoal funcionario e tamén ao laboral-, polo que están esperando para incluír todo os postos a rematar este documento que outorgará unha definición máis clara e recollerá a negociación cos traballadores.

Denuncia ante a Fiscalía

Camilo Froján, voceiro do PSOE, tamén preguntou nesta sesión polo estado da denuncia interposta pola ex-concelleira Teresa Rey ante a Fiscalía pola xestión de obras e contratos. O rexedor explicou que a denuncia está arquivada, posto que “o xulgado entende que os retrasos nas licitacións forman parte do funcionamento habitual dun concello, e que en todos os casos se trata dos procedementos habituais”. Porén, o rexedor sinalou que esta denuncia supuxo un mes completo de traballo para os servizos do concello e que, por tanto, “entorpeceu o traballo e normal funcionamento da institución”.

Os socialistas tamén botaron en cara ao executivo local o encargo de informes a diferentes institucións académicas e científicas para mellorar os servizos ofrecidos polo Concello, ao que Antonio Fernández respondeu que “os informes son moi positivos para aforrar e mellorar a situación económica do Concello, polo que o balance é máis que favorable”.

O rexedor puntualizou nesta sesión que unha vez se de luz verde ao proxecto das luminarias, darán prioridade á licitación da recollida do lixo, a relación dos postos de traballo, e ao sistema organizativo e estrutural que corresponde ter a un Concello, e que Padrón aínda non ten.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…