A Cabalgata de Reis 2020 de Padrón reuniu a unha gran parte da veciñanza nun traxecto lixeiramente diferente ao doutros anos debido a unhas obras que se están realizando no inmoble fronte á casa do concello. Nesta ocasión a recepción oficial da corporación municipal ás Súas Maxestades da tradicional casa consistorial á unha carpa instalada no campo do Souto. A cabalgata estivo composta por tres carrozas, unha por cada rei, e foi acompañado por catro paxes, todos eles integrantes da rede de voluntariado de Padrón.
As Súas Maxestades saíron ás 17:30 horas do polígono de Picusa e logo foron pola rúa Real e o Paseo do Espolón ata a Igrexa Parroquial de Santiago, onde fixeron a súa tradicional ofrenda no Belén Vivente. A cabalgata proseguiu polo paseo do Espolón, Praza de Macías e rúa Longa ata chegar á carpa instalada no campo do Souto, onde tivo lugar a recepción por parte do alcalde de Padrón, Antonio Fernández, acompañado por membros da corporación municipal.
Baixo esta carpa celebrouse a recepción das Súas Maxestades aos nenos e nenas de Padrón, que recibiron agasallos e lambonadas. Así mesmo, de 17:00 a 20:00 horas, todos os nenos e nenas puideron desfrutar de balde do carrusel de cabaliños Hernáiz, instalado no Souto e para o que o Concello de Padrón estivo a repartir gratuitamente vales (3 por neno/a) durante as tres últimas semanas.
Este evento e tódalas actividades que houbo foron posibles gracias a colaboración do carrusel de cabaliños Hernáiz, Peluquería Mary Padal, Gadis, Eroski, Banco Sabadell, Caixabanl, ODL ademais de todos os voluntarios e voluntarias de Padrón.