-->

A praza de Macías acollerá do 20 ao 24 de decembro a Feira de Nadal de Padrón, coa participación duns 20 expositores

A praza de Macías acollerá dende as 17:00 horas de mañá venres 20 de decembro e ata a mesma hora do 24 de decembro un Mercado de Nadal no que participar en torno a 20 expositores procedentes de distintos puntos de Galicia. Uns expositores que inclúen una variada oferta, dende artigos de agasallo a alimentación orientada ao Nadal (pastelería, roscón de reis, troncos de Nadal...), ata produtos para o Belén, artesanía selecta e mesmo coleccionismo vintage.

A parte forte da programación terá lugar durante a fin de semana. Así, dende o sábado 21 de decembro Papá Noel e os seus elfos estarán no seu trono e nun photocall na praza. Ademais, haberá obradoiros para os máis pequenos, en horario de mañá e de tarde, con distintas temáticas, como fabricación de bonecos de Nadal con materiais reciclados ou confección de abalorios con tear xaponés (ou kumihimo).

A Feira de Nadal está organizada polo Concello de Padrón, en colaboración coas empresas Iacobus Medieval gestión de mercados temáticos e Kepler T & T Producción y Animación.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…