O Concello de Padrón comeza hoxe o reparto dun total de 8.000 máscaras cirúrxicas tipo IIR entre a cidadanía de Padrón coa colaboración do Servizo Postal de Correos de Padrón. Trátase dun pedido realizado con antelación polo equipo de Goberno local, fai aproximadamente un mes, pero que por distintas trabas administrativas derivadas da situación de emerxencia en España, non pudieron ser suministradas ata o de agora. Estas 8.000 máscaras sumanse ás 1.250 que envíou previamente ao Concello de Padrón a Deputación Provincial da Coruña.
Porén, dende o 14 de marzo, día no que se decreto o estado de alarma en España, o Concello de Padrón dotou de material sanitario a todo o persoal municipal para o desempeño das súas funcións, dende o equipo da SAF, do GES, da Policía Local, dos voluntarios de Protección Civil, persoal de limpieza viaria, de obras e de xardíns, así como ao persoal das oficinas dos distintos servizos que permaneceron abertos ao público. Do mesmo xeito, o executivo local suministrou material sanitario e todos os recursos necesarios para evitar os contaxios -máscaras, guantes, eles hidroalcohólicos, batas desechables- ao persoal sanitario do Centro Médico e do PAC. Nun primeiro momento, o colectivo de sanitarios e dos profesionais que estaban máis expostos foron a prioridade do Concello. Neste contexto, tamén a veciñanza que confirmou o contaxio por coronavirus e que se puxeron en contacto co Concello para informar da situación tamén recibiron material sanitario nos seus domicilios. “A prioridade do Concello de Padrón é en todo momento a seguridade dos seus cidadáns”, sinalou Antonio Fernández Angueira.
A entrega de máscaras en base ao padrón municipal comeza hoxe, se ben se algunha persona precisase máis máscaras pode poñerse en contacto co Concello a través do teléfono 981 810 451 e proceder a rexistrar unha petición xustificada.
Agradecementos
Por outra banda, o equipo de goberno local de Padrón agradece toda a colaboración cidadá e empresarial, posto que ao longo desta crise sanitaria a solidariedade dos residentes da vila quedou constatada a través de diversas accións e colaboracións. Tanto é así, que dende o Concello estase buscando a fórmula para, unha vez superada a pandemia global, agradecer públicamente a contribución de todas estas persoas.
Outros números de interese
Policía Local: 629 831 022 / 981 810 247
Servizos Sociais: 981 817 025 / 611 061 939
Protección Civil: 637 093 233
GES Padrón: 667 929 690