A Aula CeMIT do Concello de Padrón sumase ao convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Vigo (UVigo) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a posta a disposición das tres universidades galegas do Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT Padrón) coa finalidade de facilitar un servizo de conectividade para a realización dos exames de xeito non presencial corrrespondentes ao curso universitario.
Os estudantes universitarios que queiran facer uso deste servizo, terán que darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT e seguir o Protocolo para a realización de exames universitarios na Rede CeMIT.
A Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega e conta coa colaboración de 92 entidades locais, está integrada por 98 aulas e está presente en 53 comarcas, co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital.