-->

O prazo para solicitar permisos para realizar cacharelas privadas en Padrón remata o vindeiro 22 de xuño

Este ano, pola situación sanitaria xerada pola crise da Covid-19, non se permiten as cacharelas en terreos de dominio público, pero si se poderán realizar en terreos de titularidade privada. Se ben, para facelo debe presentarse unha comunicación previa de actividade recreativa conforme ao establecido no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro. As solicitudes poden tramitarse ata o 22 de xuño, sinalando nome, DNI ou CIF, domicilio e teléfono de contacto dos responsables da organización do evento, así como o resto de datos que figuran no formulario a disposicións da cidadanía no Concello ou na sede electrónica

(https://sede.padron.gal/opencms/gl/index.html).

O Concelleiro de Festexos recalcou que “a seguridade da veciñanza é o máis importante, e dadas as circunstancias esa noite os equipos do GES, de protección civil e da Polícia local intensificaran o seu traballo para que non haxa complicacións. E agardamos que o vindeiro ano se poida celebrar un San Xoán entre todos”.

A Concellería de Festexos do Concello de Padrón establece medidas de seguridade que inclúen a necesidade de presentar a solicitude cun plano de situación do espazo no que se vai situar a cacharela ou sardiñada, o número máximo de persoas que se poderán reunir para celebrar San Xoan son as establecidas na normativa que regula a nova normalidade en Galicia. Os organizadores deben ter os números da Polícia Local -981 810 247- e de Protección Civil -981 812 929-. O volumen da cacharela non poderá exceder os dous metros de diámetro, un metro de altura, e seis de perímetro en zonas urbanas e tres metros de diámetros e nove de perímetro no rural. A separación entre as cacharelas e inmobles, árboeres, vehículos debe ser dun nímino de doce metros, e hai que tomar as precaucións habituais para evitar que se descontrole ou se provoquen danos. A hora límite para rematar a celebración será as 03:30 horas da madrugada, en base ao establecido no Decreto da Xunta de Galicia para a celebración de festas e romarías populares.

Consulta aquí o Bando

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…