-->

O Concello de Padrón recibe preto de 80 declaracións responsables para facer cacharelas privadas na noite de San Xoán

Un total de 76 persoas presentaron unha declaración responsable para facer unha cacharela no seu domicilio privado e celebrar a noite de San Xoán no Concello de Padrón. Este ano esta festa tan arraigada na tradición de Galicia ten que plantexarse de xeito moi distinto ao habitual como consecuencia da situación xerada pola Covid-19. En base ao dictado polas autoridades sanitarias, non están permitidas as cacharelas en terreos de dominio público, e por iso a única opción é facer unha celebración privada. Se ben, todas as persoas que elixan esta opción e queiran tamén facer unha cacharela están obrigados a presentar unha comunicación previa de actividade recreativa conforme ao artigo 24 da Lei 9/2013 do 19 de decembro. 

O equipo de seguridade municipal, que conforman o GES, Protección Civil e a Polícia Local, intensificará o seu traballo ao longo desta noite para dar unha rápida resposta a todos os incidentes que se poidan dar, e para evitar cacharelas non autorizadas. O titular de Festexos sinalou que “todos os equipos de emerxencias e de seguridade traballarán coordinados esta noite co obxectivo de garantir a seguridade da veciñanza”.

Ás medidas de seguridade habituais para que as cacharelas non se descontrolen nin produzan danos hai, este ano hai que sumar todas as restriccións propias da normativa que regula a nova normalidade en Galicia.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…