-->

Padrón e Santiago renovan a súa irmandade nas Festas do Apóstolo e poñen en valor o crecemento do Camiño Portugués

As festas do Apóstolo celebraron este martes o tradicional Día de Padrón en Santiago, no que as dúas vilas reforzan os seus fortes lazos de irmandade. Así sucede tamén, á inversa, na Pascua padronesa, se ben este ano non se puido realizar este encontro por coincidir co confinamento e o estado de alarma.

A Corporación compostelá recibiu a súa homónima padronesa diante dos soportais do Pazo de Raxoi, onde se produciu o intercambio de bastóns de mando entre os dous rexedores e os saúdos protocolarios. Despois, os/as representantes municipais de ambos os dous concellos dirixíronse ao salón vermello da Casa do Concello.

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, reivindicou o recoñecemento do Camiño de Santiago a Padrón, “o lugar onde todo comezou, o primeiro topónimo que aparece na Lenda Xacobea e, como me gusta dicir, o berce do Xacobeo”. “Pola nosa vila xa pasa o Camiño Portugués, que no 2019 deixou case 100.000 peregrinos, e nese ano expedimos un total de 6.590 diplomas da Pedronía, un 64% máis ca no 2018. Unhas cifras que corroboran o noso acerto ao apostar por recuperación deste camiño de peregrinación”, apuntou o alcalde padronés.

Un punto no que coincidiu o alcalde compostelán, quen destacou que “ata o 14 de marzo, de todos os Camiños de Santiago o que máis crecía era o portugués. O alcalde fala dun 64% máis de Pedronías e ese crecemento do que eu falo estaba por riba do 60%”. Así mesmo, Sánchez Bugallo apuntou que "Santiago non se pode entender sen Padrón", grazas a "unha unión forxada no tempo sobre todo a través das persoas". O rexedor brindou a colaboración de Santiago "en todos os ámbitos" con Padrón e convidounos a desfrutar destas "especiais" festas do Apóstolo.

Despois dos discursos, as dúas Corporacións saíron aos balcóns de Raxoi para escoitar un concerto a cargo das bandas municipais de música das dúas vilas, que remataron coas interpretación dos himnos de Galicia e de España.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…