-->

O Concello de Padrón presenta un libro sobre o confinamento da cidadanía co obxectivo de recoñecer o esforzo

O Concello de Padrón pon en valor a todas as persoas que durante o estado de alarma estiveron confinadas nos seus fogares para frear a curva de contaxios da pandemia da Covid-19. Para facelo, dende a concellaría de Turismo veñen de editar un libro no que recompilan as imaxes que os padroneses e padronesas publicaron no marco da campaña #PadrónNaCasa, desenvolta a través das redes sociais. As fotografías son parte da testemuña do día a día da poboación durante este período, ao igual que reflexan as lecturas escollidas como medio de entretemento neste tempo. As imaxes son tamén unha ollada á Padrón dende os fogares dos seus cidadáns.  O obxectivo desta campaña desenvolta polo equipo de Turismo era, en primeiro lugar, manter unida á poboación e, do mesmo xeito, dinamizar as redes sociais.

Así, as vistas dende as fiestras da veciñanza de Padrón mostran, deste xeito, a beleza das rúas e paisaxes desta vila galega ao mesmo tempo que recoñecen o esforzo realizado pola poboación. “O noso obxectivo é que os momentos máis duros da pandemia perduren na nosa memoria colectiva. Parécenos que ademáis é necesario recoñecer a conciencia social de cada un dos cidadáns, que dalgún xeito se converteron en héroes grazas a súa responsabilidade”, explicou Lorena Couso, concelleira de Turismo de Padrón. A previsión é que o libro este dispoñible para recoller na Oficina de Turismo nos vindeiros meses. O Concello informará dende as distintas canles de comunicación no momento exacto no que dispoñan dos exemplares.

A edición e publicación deste libro realizase baixo o paraugas do Plan de Reactivación do sector comercial e do turismo de Padrón. Un proxecto deseñado pola concellaría de Turismo en base aos obxectivos de apoiar ao sector comercial e turístico, crear un ecosistema de axentes económicos do territorio, impulsar medidas para os procedementos hixiénicos-sanitarios, potenciar o tecido empresarial da localidade, mellorar a confianza do consumidor, promover novos produtos turísticos e promocionar o turismo de proximidade.


Descarga aquí o libro. 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…