-->

O Concello de Padrón realiza accións de mellora nas pistas de tenis municipais

O Concello de Padrón realiza accións de mellora nas instalacións deportivas municipais, de cara a potenciar o seu uso entre a cidadanía e co obxectivo de que sexan máis accesibles e seguras. Os traballos comezaron durante estas semanas nas pistas de tenis de Iria, nas que se corrixiron desniveis e irregularidades, se pintou, se mellorou o perímetro e nas que se iniciou un proxecto de iluminación.

O concelleiro de Deportes, Ángel Rodríguez, sinalou que “as actuacións nas instalacións deportivas realízanse de xeito periódico, posto que dende o executivo local priorizamos a seguridade dos nosos veciños, especialmente, na situación na que nos atopamos na actualidade por mor da Covid-19”.

Neste contexto, o Concello de Padrón decidiu poñer a disposición dos veciños e veciñas redes de tenis e de pádel gratuítas, que deben ser solicitadas previamente a través da oficina de deportes do Centro Social, no teléfono 664 076 974. O horario de atención é de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres,e  para efectuar a entrega e preciso presentar o DNI e dar os datos de contacto.

Competicións Federadas

O uso das instalacións deportivas tamén se incrementará grazas á celebración de competicións federadas como, por exemplo, o Campionato por equipos autonómico de maiores de 35, no que participa o clube W de tenis de Padrón. A primeira xornada desta competición tivo lugar este sábado.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…