-->

O Concello de Padrón colaborará coa Asociación ACOUGO para facilitar o acollemento familiar

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Luezas, mantivo esta mañá unha reunión coa presidenta da Asociación ACOUGO, Carmen Dourado, para adoptar un compromiso de colaboración para apoiar ás familias que  participan no programa de acollemento familiar. 

Na actualidade no Concello de Padrón hai tres familias acolledoras -dúas con acollementos activos e unha en proceso-. En toda Galicia hai en total 329 familias acolledoras e 1.300 nenos e nenas en centros de acollida. Segundo ACOUGO o dato das familias acolledoras podería incrementarse se dende as administracións locais se desen facilidades. Así, a raíz do compromiso adquirido hoxe o Concello axudará a estas unidades familiares na realización de xestións e trámites para que os pequenos poidan ir aos comedores escolares, as actividades deportivas ou á escolar infantil. 

Este compromiso de colaboración implica a realización de actividades conxuntas para a difusión, así como a creación de ferramentas de protección para as familias acolledoras.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…