-->

O Executivo local mellora as instalacións municipais da Biblioteca para que sexa máis accesible

O Executivo do Concello de Padrón vén de facer unha inversión de máis de 16.000 euros para mellorar a accesibilidade e o saneamento do edificio municipal. Así, elimináronse todas as barreiras arquitectónicas tanto do acceso ao edificio coma do xardín da parte traseira do inmoble. A execución desta reforma tivo unha duración aproximada dun mes, e rematou na entrada do mes de decembro.

Pola súa banda, os aseos presentaban problemas de saneamento, polo que se instalaron novas tubaxes de evacuación que se integran no saneamento do concello. A reforma integral dos cuartos de baño da biblioteca implican a instalación de novos aparatos sanitarios, de novos alicatados, da renovación da carpintaría, da reforma do sistema de electricidade e unha nova organización do espazo. Na actualidade os aseos son máis sostibles e fomentan o aforro enerxético, e permiten a autonomía absoluta dunha persoa con mobilidade reducida.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…