Co obxectivo de dar cumprimento ao deber de publicitación das axudas recibidas ao abeiro do programa PEL-REACTIVA, o Concello de Padrón facilita a imaxe que todos os beneficiarios deben instalar nun espazo visible do seu centro de traballo e, no caso de contar con páxina web, nun lugar preferente da mesma.
Asemade, os beneficiarios e beneficiarias desta liña de axudas deberán enviar ao Concello, a través da sede electrónica unha fotografia xustificativa da colocación da publicidade onde se aprecie o cartel e o entorno onde foi ubicado.
Ver e descargar a imaxe en PDF aquí.