-->

O Concello de Padrón aproba a RPT definitiva en sesión plenaria

O Concello de Padrón aprobou, na sesión plenaria do xoves 25 de marzo, definitivamente a Relación de Postos de Traballo do Concello de Padrón, tras aceptar varias das alegacións dos diferentes grupos de traballadores, colectivas e individuais. Ao longo do proceso o equipo de goberno convocou numerosas mesas de negociación cos sindicatos para acadar un documento final no que se recollesen as diferentes impresións dos traballadores, se ben non todas puideron ser aceptadas. En total a nova Relación de Postos de Traballo recolle un total de 75 postos de funcionarios e de persoal laboral. O documento asenta empregos xa consolidados e contempla outros de nova creación, non deseñadas na estrutura como, por exemplo, o de Técnico en Novas Tecnoloxías.

Na sesión plenaria de onte tamén se ratificou o decreto polo que se aproba o convenio de colaboración para a renovación do compromiso de integración na rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca Municipal de Padrón. Pertencer a esta rede da Consellería de Cultura, Educación e Universidade implica recibir o apoio desta organización e a dotación de recursos para mellorar os servizos e coleccións que se ofrecerán aos usuarios e usuarias deste espazo municipal. Asemade, este servizo xestiona a plataforma do libro electrónico e ofrece numerosas accións formativas para os profesionais da Rede De Bibliotecas Públicas de Galicia ao igual que promoven campañas para fomentar a lectura.

Tamén no pleno ordinario do xoves 25 a corporación deu luz verde a adhesión do convenio entre a vicepresidencia primeira e consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Fegamp para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a Covid-19.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…