-->

A concellaría de Turismo crea material turístico baixo o lema ‘Padrón Xacobeo’

A concellaría de Turismo editou material turístico sobre o ‘Padrón Xacobeo’ para difundir nos distintos espazos de información turística locais e da comunidade. O obxectivo é poñer en valor o patrimonio cultural, natural e humano en relación co Camiño de Santiago e a súa vinculación con Padrón. En total vanse poñer en circulación 24.500 unidades.

A través deste documento informativo poderase afondar na historia que describe a chegada do corpo do Apóstolo Santiago a Galicia e o traslado dos seus restos. Do mesmo xeito, o folleto recollerá toda a información relacionada co patrimonio cultural, material e inmaterial do municipio relacionado con este feito histórico.

Deseñáronse tres folletos en 12 idiomas –20.000 unidades do folleto en galego, castelán, portugués e inglés; 3.000 unidades do que se  edita en alemán, francés, italiano e polaco; e 1.500 exemplares do que está traducido a xaponés, coreano, chino e ruso-.

Os folletos estarán dispoñibles na Oficina de Turismo de Padrón e nas principais oficinas de Turismo de Galicia. Ademais todo o material será enviado ás feiras de turismo nas que participa a Axencia de Turismo de Galicia.

A concelleira de Turismo, Lorena Couso, incidiu na posta en valor da Pedronía e da relación de Padrón co Xacobeo que van realizar dende o executivo padronés a través deste material informativo. “A vinculación é innegable e nos vindeiros meses seguiremos traballando por achegar á cidadanía a tradición do Camiño no noso concello”, aseverou.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…