-->

A Xunta de Galicia investirá 915.000 euros na rehabilitación integral do CEIP Flavia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe o colexio CEIP Flavia (Padrón) onde anunciou que a Xunta vén de licitar por máis de 915.000 euros as obras de rehabilitación integral do centro escolar padronés. Unha visita na que estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Lorena Couso, e integrantes da dirección do centro, cos que percorreron as instalacións educativas.
As obras, que se veñen de licitar por un importe de 915.243 euros e un prazo de execución de cinco meses, inclúen a reparación da cuberta do edificio coa substitución do material actual por tella cerámica curva, a rehabilitación da fachada coa limpeza de pedra e aplicación de hidrofugante e a instalación de falso teito con panel acústico.
Así mesmo, procederase á renovación da instalación da calefacción, á substitución das luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética, á renovación dos aseos e á instalación de zócalo e pintura nas aulas de infantil. Tamén se instalará un novo pararraios así como protectores solares mediante estores na fachada.

Máis de 6,5 millóns na comarca
Román Rodríguez explicou que este ano o seu departamento realiza un investimento de algo máis de 6,5 millóns de euros en 65 actuacións de mellora nos centros educativos da comarca de Santiago de Compostela. Ademais da rehabilitación integral do colexio Flavia, a Xunta vén de licitar actuacións semellantes no CEIP Mestre Rodríguez Xixirei e no IES Lamas de Abade, ambos en Compostela, así como diversas melloras noutros tres centros máis.
Segundo lembrou, en total en Galicia estanse comprometendo antes de fin de ano 84 obras, cun orzamento de case 40 millóns de euros, o que reflicte que “desde os departamentos técnicos da Consellería este verán se estivo traballando arreo para a mellora das infraestruturas educativas, o que repercute directamente no confort dos seus usuarios”, das que seis son na área de Santiago, por importe de case 2,9 millóns de euros.
De feito, co obxectivo de renovar as instalacións dos colexios e institutos de cara o curso que está a piques de comezar, en toda Galicia estanse acometendo 557 obras de reforma en centros das catro provincias, cun investimento de 30 millóns de euros, 58 delas en Santiago e área, cun orzamento de case 2,8 millóns. Todas estas actuacións estanse levando a cabo de acordo coas directrices establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para adaptar os centros escolares ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicos da vindeira década.
Román Rodríguez tamén explicou que, pese a que algunha obra pode verse afectada polo subministro de materiais que se está a dar de xeito xeneralizado en todos os sectores industriais, todas as melloras nos centros educativos están deseñadas e planificadas para que, en ningún caso, incida no normal desenvolvemento do curso escolar.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…