-->

O sábado 5 haberá restricións de aparcamento e de tráfico no Campo do Souto e na praza da Leña pola celebración da Padrón 10K

  • Limitacións entre ás 16.00 e as 19.00 horas ao tránsito rodado e de estacionamento nesta zona e na contorna do Espolón //

  • Na proba están inscritas 300 persoas adultas e máis de 250 escolares //

  • As saídas faranse de forma gradual dende as catro da tarde, coa dos pitufos, ata as cinco e media, coas categorías absolutas //

A décimo novena edición da Padrón 10K vai reunir mañá a preto de 600 atletas de diferentes categorías a partir das catro da tarde. Por este motivo, e para garantir a seguridade das persoas participantes, o Concello anuncia que haberá restricións de aparcamento e de tráfico tanto no Campo do Souto (lugar de saída e meta), na praza da Leña e nas pistas municipais que van paralelas ao río Sar ata a desembocadura.

A saída e meta desta proba estará situada no Campo do Souto, onde non se poderá aparcar desde primeiras horas da mañá para que a organización poida instalar todo o material necesario para que a proba se desenvolva con normalidade. Na praza da Leña tamén estará prohibido o estacionamento de vehículos.

En canto comece o desenvolvemento da proba, ás 16.00 horas, tamén se vai cortar ao tráfico a rúa Castelao, a Ponte do Carme, a praza da Leña e as pistas municipais que van paralelas por ambas marxes do río Sar ata súa desembocadura, lugares polos que parán os atletas.

A saída das diferentes categorías darase de forma gradual. Comezarán os máis novos (os pitufos), ás 16.00 horas. Dez minutos despois correrán os prebenxamíns e ás 16.20 os de categoría sub-10, e os menores de 10 anos sairán ás 16.30 horas.

A categoría sub-14 e sub-16 tomarán a saída ás 16.45 horas para percorrer tres quilómetros da proba. As persoas participantes en categoría sub-18 darán unha volta enteira ao circuíto de cinco quilómetros desde ás 17.30 horas.

A saída dos resto das categorías (de sub-20 ata máster) está programada tamén para as 17.30 horas, aínda que neste caso as persoas participantes daranlle dúas voltas ao circuíto para completar os 10 quilómetros da proba.

A entrega de trofeos farase no auditorio municipal a partir das sete e cuarto.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…