-->

Padrón instalará un Punto Lila durante a Pascua para loitar contra a violencia sexista no ocio nocturno

  • Ofrecerá información e asesoramento a todas as persoas que acudan ás festas //

  • O servizo contará con material de sensibilización e persoal para atender a quen o solicite //

O Concello de Padrón disporá nas Festas da Pascua dun Punto Lila destinado a loitar contra as agresións sexistas nos contextos de ocio nocturno.  A iniciativa, que xa se puxera en marcha en celebracións anteriores á pandemia coma a propia Pascua de 2019 ou a Festa do Pemento dese mesmo ano, quere ser un referente para a sensibilización fronte á violencia machista, ofrecerá información e prestará asesoramento a todas as persoas que o soliciten e, no caso de necesitalo, daralle apoio ás posibles vítimas.

O Punto Lila colocarase no Paseo do Espolón durante as datas principais da Pascua e da Pascuilla. Estará aberto do sábado 16 ao martes 19 de abril; e do venres 22 ao domingo 24 de abril, entre as dez da noite e as tres da madrugada.

Trátase dunha furgoneta vinilada co lema "Poñamos o punto final", animando a quen o necesite a utilizar o sinal para pedir auxilio en caso de violencia de xénero que consiste en abrir a palma da man e ocultar o polgar baixo os dedos. Dúas persoas estarán dispoñibles durante os horarios de apertura para proporcionar información ás persoas que o precisen.

Ademais, o Concello repartiu nos establecementos comerciais e nos locais de restauración uns vinilos co Punto Violeta, instrumento para implicar ao conxunto da sociedade na loita contra a violencia machista.

Todo o material inclúe un código QR que dá acceso a unha web na que se pode descargar un Decálogo contra a Violencia Sexual e se listan os teléfonos de interese (016, de atención a vítimas de malos tratos por violencia de xénero; Policía Local de Padrón; Garda Civil de Padrón; teléfono da muller 24 horas; CIM Terras de Iria; Protección Civil; Centro de Saúde de Padrón e Urxencias sanitarias). Deste xeito, o consistorio quere estender de xeito masivo a información necesaria para saber como actuar ante un caso de violencia contra as mulleres.

Segundo a concelleira de Igualdade e Muller de Padrón, Lorena Couso, "con estas accións o Concello quere dotar á poboación de recursos facilmente accesibles para actuar contra a violencia machista". "As Festas da Pascua son un espazo de ocio seguro e todo o mundo ten dereito a gozalas en liberdade e sen medo", asegura Couso.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…