A proba contou con 350 participantes nas categorías escolares e 200 na proba absoluta ||
Mercedes Blanco e Roberto Agrelo foron os primeiros atletas locais en cruzar a meta ||
Grande ambiente nas rúas do casco histórico durante a celebración das probas escolares ||
Por equipos gañaron o Club Atletismo Sar e o Club Deportivo Pinarium ||
Vanesa Blanco Rey e Pablo Carnero Rodríguez foron os gañadores da categoría absoluta na Carreira Popular de Padrón que celebrou esta mañá a súa 41 edición coincidindo coas festas de Pascua. Por equipos, subiron ao podio o Club Atletismo Sar e o Club Deportivo Pinarium. Na categoría sub 16 impuxéronse Candela Sánchez Touza e Lucas Ribo Miguel; e na sub 18 Marta Novo e Yago Iglesias.
A Carreira Popular de Pascua de Padrón xuntou hoxe a máis de medio milleiros de atletas, entre as categorías escolares (na que competiron 350 rapaces e rapazas) e as categorías absolutas, con 220 participantes. A Concelleira de Festexos, Carmina Bustelo deu a saída a proba absoluta.
Despois de percorrer os 13 quilómetros, os primeiros en cruzar a liña de meta, situada na praza de Macías, foron Vanesa Blanco, do Club Atletismo Sar, cun tempo de 55 minutos), seguida de Paula Rosales (C.D. Pinarium, con 59:18) e María Iglesias, tamén do Pinarium, con 5:39. En categoría masculina o podio estivo formado por Pablo Carnero (Unión Atlétia Terrassa, con 44:15), Alejandro Pesado (C.A. Sar, con 44:21) e Rubén Caamaño (C.A. Sar, con 45:03).
Os primeiros padroneses en cruzar a liña de meta na categoría absoluta foron Roberto Agrelo e Mercedes Blanco.
As rúas de Padrón rexistraron hoxe un grande ambiente, sobre todo durante a celebración da proba nas categorías escolares, que se suman ao numeroso público que se achegou ata a capitar do Sar para participar no día grande das Festas de Pascua, das que foi pregoeiro o actor Luis Zahera.
Clasificacións
A entrega de premios na categoría escolar estivo presidida pola concelleira de Festexos, Carmina Bustelo, e os seus compañeiros do equipo de goberno José Ramón Pardo e Francisco García Dios. Na proba absoluta entregaron os premios o alcalde, Antonio Fernández Angueira, José Ramón Pardo e Francisco García.
As clasificación da proba (ver neste enlace), segundo as diferentes categorías, foi a seguinte:
Absoluta: Vanesa Blanco, Paula Rosales e María Iglesias; e Pablo Carnero, Alejandro Pesado e Rubén Caamaño.
Master A: Shaila Muñiz, María Tarrío e Sonia Agrasar; e Juan Negreira, Juan Carlos Mosquera e Jorge Torres.
Master B: Yolanda Campos, María José Bragaña e Sole Yebra; e Carlos Busto, Miguel Cabo e Ernesto Buceta.
Master C: Mercedes Blanco e Silvia Sánchez; e José Carlos Pereira, Ángel José Rodríguez e Francisco Sanmarcos.
Sénior: María Serramito, Noa Silva e Sara Seoane; e Xacobe Fontán, Míchel Fernández e Miguel Iglesias.
Sub 20-23: Brais Pérez ,Jorge Calvo e Hugo Calvo.
Nas categorías escolares as clasificacións foron:
Sub 10: Alba Solla, Lena Rieira e Sofía Guerra; e Hugo Cordal, Sergio Coira e Lucas Martínez.
Sub 12: Lucía Ageitos, Ainoa Galán e Martina Parada; e Pablo Barreiro, Jeyden Silva e Martín Otero.
Sub 14: Tania López, Carmen Paz e Candela Lago; e Mateo Crujeiras, Jesús Patiño e Tomás Bautista.
Sub 16: Candela Sánchez, Demeku Paniagua e D ebris. Paniagua; e Lucas Ribo, Daniel Maneiro e Iago Riveiro.
Sub 18: Marta Novo, María Fernández e Xiana Bragaña; e Yago Iglesias, Eros Pardal e Joel Curro.