-->

O Concello de Padrón deixará de empregar pirotecnia nas festas durante os meses de alto risco de incendios

  • O Goberno local adopta a medida ante a previsión dun verán con condicións meteorolóxicas que poden favorecer a propagación do lume  ||  

  • O Concello insta tamén ás comisións de festas e aos particulares a prescindiren das bombas de palenque e doutros elementos pirotécnicos  ||  

  • A medida aplicarase xa este sábado na chegada da Ruta Xacobea do Mar de Arousa   ||  

 

O Concello de Padrón deixará de empregar pirotecnia durante os vindeiros meses de alto risco de incendios forestais. A decisión foi adoptada polo Executivo padronés na reunión de coordinación do goberno celebrada este xoves, tendo en conta a previsión dun verán con condicións meteorolóxicas que poden incrementar o risco de propagación do lume.

O Goberno local considera necesario minimizar todas aquelas situacións que poidan supoñer un perigo, especialmente despois do incendio rexistrado a pasada fin de semana nas parroquias de Herbón e Carcacía, que obrigou a un importante despregamento de medios de extinción e á evacuación dos veciños dalgunhas aldeas.

Por este motivo, o Concello non empregará bombas de palenque nin outros elementos pirotécnicos nas actividades festivas que se desenvolvan nos próximos meses e fai un chamamento ás comisións de festas e aos particulares para que adopten a mesma decisión.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, sinala que “as bombas de palenque e outros elementos pirotécnicos forman parte das nosas celebracións e están moi presentes na tradición festiva, pero neste momento debemos actuar con responsabilidade e poñer por diante a seguridade da veciñanza e a protección do noso patrimonio natural”.

Arca engade que “a experiencia vivida estes días co incendio de Herbón e Carcacía demostra que é preciso extremar as precaucións e reducir calquera risco evitable. A colaboración de todos e todas será fundamental para afrontar os meses de verán con maiores garantías”.

A medida poderá apreciarse xa este sábado na chegada dos barcos participantes na Ruta Xacobea do Mar de Arousa a Padrón e Pontecesures, un acto que tradicionalmente se anunciaba cunha salva de bombas e que nesta ocasión se desenvolverá sen o emprego de material pirotécnico.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…