Aviso legal

 

1.- DATOS IDENTIFICATIVOS

En cumprimento co deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, a continuación expóñense os seguintes datos: o titular do dominio web www.padron.gal é o Concello de Padrón, cos seguintes datos de contacto.

CONCELLO DE PADRÓN

CIF: P-1506600D

Rúa Longa 27

15900 Padrón (A Coruña)

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

2.- USUARIOS/AS

O acceso e/ou uso deste portal do Concello de Padrón atribúelle a condición de USUARIO/A, que acepta, desde dito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas. Estas condicións serán de aplicación independentemente das Condicións Xerais de Contratación que, no seu caso, resultasen de obrigado cumprimento.

3.- USO DA WEB

O Concello de Padrón a través do dominio www.padron.gal proporciona o acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos (en adiante, "os contidos") en Internet pertencentes ao Concello de Padrón ou aos seus licenciantes aos que o USUARIO/A pode ter acceso. Os contidos refírense fundamentalmente a información e servizos de interese xeral da localidade de Padrón e, en especial, información e xestións propias da organización municipal. O USUARIO/A asume a responsabilidade de uso deste portal web e comprométese a facer un uso axeitado dos contidos y servizos que o Concello de Padrón ofrece a través desta web e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non empregalos para:

- Incurrir en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e ao orde público.

- Difundir contidos de propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorios contra os dereitos humáns.

- Provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos do Concello de Padrón, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos o calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan subsceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados.

- Intentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo eléctrónico doutros usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes. 

O Concello de Padrón resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e aportacións que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sean discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, o orde, a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultaran axeitados para a súa publicación.

En calquera caso, o Concello de Padrón non será responsable das opinións verquidas polos USUARIOS/AS a través das posibles ferramentas de participación.

4.- PROTECCIÓN DE DATOS

O Concello de Padrón cumpre coas directrices da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica e demais normativa vixente en cada momento e vela por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais do USUARIO/A. Para iso, xunto a cada formulario de recabo de datos de carácter persoal, nos servizos que o USUARIO/A poida solicitar ao Concello de Padrón, fará saber ao USUARIO/A da existencia e aceptación das condicións particulares de tratamento dos seus datos en cada caso, informándolle da responsabilidade do ficheiro creado, a dirección do responsable, a posibilidade de exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, a finalidade do tratamento e as comunicacións de datos a terceiros no seu caso. Asemade, o Concello de Padrón informa do cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico e solicitarlle o seu consentimento ao tratamento do seu correo electrónico con fins comerciais en cada momento.

5.- PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O Concello de Padrón, por si ou como cesionario, é titular dos dereitos de propiedade intelectual e industrial, do deseño e códigos que se recollen no dominio www.padron.gal, así como dos elementos contidos na mesma páxina (a título enunciativo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais utilizados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.), titularidade do Concello de Padrón ou dos seus licenciantes, salvo expresa referencia noutro sentido.

Todos os dereitos reservados: en virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, distribución e comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización do Concello de Padrón. O USUARIO/A comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade do Concello de Padrón. Poderá visualizar os elementos do portal e incluso imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado. O USUARIO/A deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dipositivo de protección ou sistema de seguridade que estivera instalado nas páxinas do Concello de Padrón.

A información proporcionada a través do Portal, mediante resposta á consulta de expedientes ou derivada de calquera base de datos ten carácter meramente orientativo e en ningún caso poderá ser vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, atopándose suxeita exclusivamente á normativa que lles sexa de aplicación.

6.- MODIFICACIÓNS

O Concello de Padrón resérvase o dereito de efectuar, sen previo aviso, as modificacións que considere oportunas no seu portal, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través do mesmo como a forma en que estes aparezan presentados ou localizados no propio portal.

7.- LIGAZÓNS

No portal www.padron.gal incluíronse ligazóns ou hipervínculos a páxinas de sitios web de terceiros (“links”). Nembargantes, o Concello de Padrón non se fai responsable do uso de terceiros da información contida no portal nin exercerá ningún tipo de control sobre ditos sitios e contidos. En ningún caso o Concello de Padrón asumirá responsabilidade algunha polos contidos dalgunha ligazón pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún de ditos hipervínculos ou doutros sitios de Internet. Igualmente, a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

8.- DEREITO DE EXCLUSIÓN

O Concello de Padrón resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ao portal e/ou os servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aqueles usuarios que incumplan as presentes Condicións Xerais de Uso.

9.- XERALIDADES

O Concello de Padrón perseguirá o incumprimento das presentes condicións, así como calquera utilización indebida do seu portal exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.

10.- MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIÓNS E DURACIÓN

O Concello de Padrón poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.

11.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICCIÓN 

A relación entre o Concello de Padrón e o USUARIO/A rexerease pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xulgados e tribunais de Padrón (A Coruña).

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…