Novas recentes

O tamén pintor nado en Bos Aires presentouse co lema ‘Actas de sospeita’  ||   En opinión do xurado o traballo gañador “trátase dunha vista renovada a través do xenio epistolar ao horror fascista de 1936”  ||     O pintor e poeta vilagarcián Xurxo Alonso García é o gañador da décima edición do Certame poético Rosalía de Castro que organiza o Concello de Padrón. Alonso García presentouse ao certame baixo lema Acta de Sospeita cun traballo do que o xurado destacou que se “trata dunha visita renovada a través do xenio epistolar ao horror fascista de 1936”. Nado en Bos Aires en 1956 e…
O santo saíu en procesión e a Coral Val do Sar cantou na misa solemne  ||   A Tuna de Veteranos da Coruña ofreceu un aplaudido concerto no auditorio e tamén animou a sobremesa xunto co grupo Sabrosito  ||   A orquestra Os Satélites puxo a música á verbena no campo do Souto  ||     Padrón volveu honrar este 6 de maio ao seu patrón, San Xoán do Raio, coa tradicional procesión, música e o xantar de confraternidade de maiores. Os actos oficiais comezaban pouco antes do mediodía co traslado do santo dende a casa consistorial ata a igrexa parroquial, onde…
  A programación abrirase o venres 10 coa ofrenda floral a Camilo José Cela no cemiterio de Adina O tradicional Concerto das Letras Galegas chega a súa 36ª edición o sábado 18 A cativada volverá gozar con diferentes actividades dirixidas aos centros escolares e espectáculos para toda a familia A Casa Museo Rosalía de Castro acolle o mércores 15 Conversas Nortear ‘Literatura en feminino’ Manter viva a chama da literatura en Padrón e inspirar ás xeracións futuras a explorar o mundo a través da palabra escrita son dous dos obxectivos de Padrón Literario, o programa de actividades deseñado polo Concello…
O alcalde Anxo Arca e a concelleira Ana Castro presentaron os novos colectores que buscan dar visibilidade á enfermidade de Dent, axudar á investigación e transformar o plástico nun obxecto sostible para a propia vila O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Urbanismo, Ana Belén Castro, asistiron este luns 29 abril á presentación das novas papeleiras realizadas en colaboración con Art for Dent. Xunto a Ana Isabel Lapido, de Netcycle, e a María Castelao, de Art for Dent, percorreron as rúas da vila nas que se colocaron as papeleiras realizadas cos tapóns que recolleu a asociación na…
Agradece o acollemento “na vila e na terra de Rosalía de Castro”, na que leu por primeira vez algo en galego  ||   O alcalde, Anxo Arca, considera este acontecemento como “o acto cultural de máis categoría das últimas décadas”  ||   O novo académico foi recibido no Concello, asinou no Libro de Honra e participou na ofrenda floral na estatua de Rosalía  ||       A lenda literaria de Padrón segue medrando. Anxo Angueira Viturro, natural de Dodro pero considerado xa un padronés máis, incorporouse esta mañá como académico de número á Real Academia Galega (RAG), nunha sesión extraordinaria que,…
O luns 6 de maio homenaxearase ao patrón coa recepción de autoridades, o procesión do santo e a misa solemne na igrexa de Santiago A Coral Val do Sar e o Tuna de Veteranos da Coruña amenizarán os actos Os maiores empadroados na vila poden retirar as invitacións no Centro Social cun custo de 10 euros  O prezo para o resto das persoas é de 39 euros A orquestra Os Satélites poñerán o fin de festa ás 20.00 horas no campo do Souto   O Concello de Padrón celebra o luns 6 de maio a festividade de San Xoán do…
O Concello ofrece unha ampla axenda de actuacións dirixida ao público de todas as idades  O programa ábrese o venres 10 de maio coa presentación de ‘A libraría máxica’ a cargo de Inventi Teatro  O Festival das Letras Galegas organizado pola Coral Polifónica Padronesa, os monicreques ‘Luisa Villalta e o violino de vento’ e a peza ‘Isaura e Tristán. Contastorias’ completan a proposta O Concello de Padrón súmase á conmemoración o vindeiro 17 de maio do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luisa Villalta, coa celebración do Mes das Letras. Esta iniciativa ten como obxectivo promocionar a creación…
O goberno local solicita á Xunta que “denegue a autorización ambiental integrada, o estudo de impacto ambiental, a declaración de utilidade pública e a implantación da industria de fibra téxtil” O alcalde, Anxo Arca, asevera que “o macroproxecto de Altri tal e como está plantexado constitúe un atentado contra o patrimonio natural de Padrón e de Galicia” “Continuaremos a defender o patrimonio natural e a saúde da cidadanía pese a quen lle pese”, subliña o rexedor O Concello de Padrón amosa o seu rexeitamento á implantación dunha macrocelulosa en Palas de Rei e presenta alegacións “en defensa da calidade da…
Esta medida dá resposta ao compromiso electoral do actual grupo de goberno e busca rematar coa precariedade existente A selección de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo levarase a cabo mediante o sistema de concurso O prazo de admisión de solicitudes remata o 26 de abril O proceso conta co apoio dos sindicatos e do comité de empresa O Concello de Padrón anuncia a convocatoria dos procesos de estabilización de emprego temporal para dar cobertura ás prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinario do 2022. Esta medida urxente para a redución da temporalidade no emprego público…
O obxectivo e divulgar tres sombreiros da tradición galega: o pucho, a monteira e o sasncosmeiro O concurso está dirixido a profesionais e aprendices e inclúe unha exposición das propostas nos comercios do casco histórico padronés O Concello de Padrón apoia do Premio de Sombreireiría Chapeu Contest que organiza a Asociación Cultural Asnot co obxectivo dar a coñecer e por en valor a sombreireiría tradicional galega. Nesta primeira edición invítase a profesionais e principiantes a facer unha labor de investigación e presentar propostas para tres pezas moi distintivas do traxe tradicional galego: o pucho, a monteira e o sancosmeiro. Nos…
Páxina 1 de 61

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…