-->

O Concello de Padrón apoia o I Premio de Sombreireiría ‘Chapeu Contest’ da Asociación Asnot

  • O obxectivo e divulgar tres sombreiros da tradición galega: o pucho, a monteira e o sasncosmeiro

  • O concurso está dirixido a profesionais e aprendices e inclúe unha exposición das propostas nos comercios do casco histórico padronés

O Concello de Padrón apoia do Premio de Sombreireiría Chapeu Contest que organiza a Asociación Cultural Asnot co obxectivo dar a coñecer e por en valor a sombreireiría tradicional galega. Nesta primeira edición invítase a profesionais e principiantes a facer unha labor de investigación e presentar propostas para tres pezas moi distintivas do traxe tradicional galego: o pucho, a monteira e o sancosmeiro. Nos orzamentos deste ano, o Concello de Padrón ten asignada unha achega de 10.000 euros para a Asociación Asnot.

O premio Chapeu Contest 2024 enmárcase dentro das actividades que forman parte do festival Asnot, que se celebrará o 24 de xullo, coincidindo coa celebración do Santiaguiño.

Nesta primeira edición, Chapeu Contest 2024 ten como obxectivo dar a coñecer e por en valor a sombreireiría tradicional galega, que, aínda que é moi recoñecible, tamén é unha gran descoñecida na súa variedade e historia. Escolléronse tres pezas de cabeza moi distintivas do noso traxe tradicional: pucho, monteira e sancosmeiro. As participantes no concurso terán que investigar e reinterpretar estes sombreiros respectando as súas singularidades pero achegándose aos usos e materiais de hoxe en día.

A organización porá a disposición dos concursantes toda a información que precisen sobre as pezas a interpretar, tanto a través das redes sociais do Chapeu Contest como da web de Asnot. Pódense consultar as bases do concurso neste enlace e cubrir o formulario de inscrición aquí.

O premio é de carácter internacional e está enfocado a profesionais e afeccionados, cada un dentro da súa categoría. Os seleccionados mostraranse nos escaparates dos comercios do casco histórico padronés entre o 14 e o 25 de xullo, creando así unha exposición ao aire libre, accesible e a pé a través dun atractivo e dinamizador paseo que percorrerá as rúas de Padrón.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…