-->

O Concello de Padrón renova a súa colaboración coas Aulas Senior de Galicia (Ategal)

 

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o presidente das Aulas Senior de Galicia (Ategal), Ángel Fagilde Trabada, asinaron en días pasados a renovación do convenio de colaboración en virtude do cal o goberno padronés concédelle a Ategal unha nova achega económica de 3.000 euros e mantén a cesión das instalacións onde desenvolve a súa actividade.

As Aulas Senior de Galicia en Padrón traballan no Centro Social municipal desde hai case 25 anos en colaboración co concello, que ademais de ceder as instalacións e conceder unha axuda económica, tamén aporta funcionariado para algunhas das actividades e cursos que se celebran na entidade, como, por exemplo, de monitores deportivos.

Apoio conxunto

“Os cursos e actividades de Ategal Padrón realízaas a entidade co apoio do Concello”, explica a directora das aulas no municipio, Mari Cruz Taboada Álvarez, “por iso se pode ofrecer unha gran oferta de formación a un módico prezo”, asegura. Taboada, que también estivo presente na renovación do convenio, explica que a entidade é das máis numerosas de Galicia en número de alumnos e alumnas, con case 300 e con gran actividade durante todo o ano.

Ategal Padrón comezou en outubro o seu novo curso 2018-2019 cun amplo e variado calendario de cursos na área de saúde con actividades como ximnasia, pilates, educación para a saúde, adestramento cognitivo, camiñatas saudables; e tamén na área cultural e formativa, con literatura, historia, idiomas; o na área ocupacional, con pintura, música, informática, etc. Ademais, a entidade celebra todo tipo de actividades de confraternización, excursións, reunións e obradoiros.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…