-->

#PadrónVolve, o Plan de Dinamización para os sectores do comercio e do turismo do Concello

 Concello de Padrón está preparando a desescalada e deseñando medidas e plans de axuda para os diferentes sectores económicos da vila. Unha das primeiras medidas que tomaron é a de entregar biombos protectores de cristal templado para instalar en tendas, farmacias, perruquerías, droguerías, carnicerías, etc. En total, hai encargadas 115, e nas vindeiras semanas comezará o reparto. Por outra banda, o vindeiro 28 de maio o equipo de goberno presentará no Pleno unha iniciativa para a súa aprobación na sesión plenaria sobre a exención de pago de terrazas para bares e restaurantes da vila. 

 O executivo local está a preparar un Plan de reactivación do comercio, da hostelería e do turismo, polo que a partir do 11 de de maio a titular de Turismo comezará unha ronda de contactos cos distintos empresarios de Padrón para coñecer de primeira man as súas necesidades e as súas demandas. “Queremos ser unha axuda real, por iso para elaborar este Plan queremos contar cos protagonistas, os autónomos que están a padecer as consecuencias desta situación derivada da pandemia do Covid-19”, sinala Lorena Couso, concelleira de Turismo. 

 

Campañas de dinamización

 A través da campaña #PadrónVolve en redes sociais, promocionarase a todos e cada un dos negocios e comercios da vila. Os propietarios de cada un destes estabelecementos deberán etiquetar o perfil de @ConcelloPadrón en Facebook  e utilizar o hashtag #PadrónVolve nunha publicación na que describan cales son os produtos e servizos que ofrecen ou se teñen algunha oferta. Deste xeito, o Concello compartirá no seu perfil a información destas empresas co obxectivo de que poidan acadar un maior público, e por tanto, dirixirse aos seus potenciais clientes. 

 Nesta mesma liña, o Concello de Padrón levará a cultura á rúa e dinamizará o comercio local, a través dunha campaña moi visual coa que rotularán as fachadas das tendas de Padrón coas imaxes máis representativas dos museos de Camilo José Cela e de Rosalía de Castro. Deste xeito, as rúas de Padrón convertiranse en escenarios artísticos nos que mercar produtos de proximidade.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…