-->

O Pleno do Concello de Padrón da luz verde ao proxecto inicial da RPT municipal

O Executivo local do Concello de Padrón someteu a votación en sesión plenaria o proxecto inicial da Relación de Postos de Traballo municipal e a proposta saíu adiante cos votos a favor do Partido Popular, a abstención dos concelleiros do PSOE e de Compromiso por Galicia e o voto en contra da edila do BNG . Os responsables da redacción deste proxecto mantiveron unha negociación cos sindicatos dos traballadores municipais a través da convocatoria de cinco encontros, se ben continuarán mantendo un contacto fluído nos vindeiros meses.  A relación de postos de traballo deseñada recibiu o informe favorable tanto do organismo interventor da Deputación coma da Secretaría. En total o Concello de Padrón contará con 75 postos, cunha estrutura que contempla a creación de 14 empregos novos -un posto de asesor xurídico, un de arquitecto, dous de arquitectos técnicos, un novo administrativo para Tesorería e outro para o departamento de Contratación e Urbanismo, un oficial de sección electrónica e novas tecnoloxías, un técnico de administración xeral,  un tesoureiro, un encargado-conductor de Obras e Servizos, un auxiliar administrativo para Cultura e Deportes, un novo conserxe, e dous auxiliares administrativos para o departamento de Servizos Sociais-. 

O alcalde de Padrón matizou no Pleno que “este proxecto é un elemento vivo, que pode modificarse en calquer momento. O que intentamos é poñer orde na situación que hai actualmente, xa que esta é a primeira relación de postos de traballo referente aos contratos laborais que se realiza neste Concello”. 

Na sesión plenaria da tarde do xoves a corporación aprobou, co voto favorable do equipo de goberno, coa abstención do PSOE e de Compromiso por Galicia e co voto en contra do BNG, a adhesión ao convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de Santiago de Compostela. A ratificación deste acordo inclúe a ampliación de rutas e a especificación de que a Xunta de Galicia asumirá o 80% do custo e o 20% reverterá sobre as arcas municipais. O rexedor do Concello de Padrón explicou que “este é un acordo moi beneficioso para Padrón e a súa cidadanía, posto que facilita a mobilidade sostible na nosa área”. 

Asemade, tamén se ratificou o Decreto polo que se establecen os festivos locais para o 2021, que no caso de Padrón serán o 5 de abril -luns de Pascua- e o 6 de maio -San Xoán do Raio-. 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…