-->

O Concello de Padrón non organizará este ano cabalgata de Reis como medida de prevención diante do aumento de casos de Covid-19

O Concello de Padrón lamenta informar de que este ano non organizará a tradicional cabalgata de Reis, como medida de prevención diante do aumento de casos de Covid-19 nas últimas semanas e que teñen ao municipio en situación de vixilancia especial por parte do comité clínico da Consellería de Sanidade.

A concelleira de Cultura, Lorena Couso, explica que “tiñamos preparado facer unha cabalgata polas parroquias para así evitar aglomeracións pero diante do aumento de casos e seguindo os consellos das autoridades sanitarias finalmente tomamos a decisión de non facela este ano para evitar riscos e previr a extensión do virus”. O Concello de Padrón divulgará mañá martes a través das súas redes sociais un vídeo das Súas Maxestades dirixido aos nenos e nenas do municipio.

Así mesmo, o Concello de Padrón informa da suspensión do Concerto de Reis da Banda Municipal de Padrón, previsto para este mércores 6 de xaneiro, debido á evolución da pandemia sanitaria.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…