Novas recentes

A marcha non competitiva organizada polo Concello de Padrón xunta 80 persoas, a máis nova dun ano  ||   Vannessa Loureiro gañou a bicicleta que sorteou o Concello  ||     O Concello de Padrón celebrou este sábado o Día da Bicicleta, cunha marcha non competitiva na que participaron 80 persoas de todas as idades. Mario Alfonsín, que acaba de cumprir 81 anos, foi o máis veterano en rematar os 15 km de percorrido. O máis novo, tiña un ano de idade. Tras visitar as instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo e quentar pernas nunha xincana no paseo do Espolón, a comitiva…
Este ano participaron 274 persoas nas diferentes modalidades que ofertan de formación permanente para maiores  ||   Saco Vigo resalta o “dinamismo” das persoas participantes e díxolles: “Facedes un Padrón máis xeneroso”  ||   A exposición dos traballos realizados pódese ver ata o mércores no auditorio municipal  ||   Paula Sande agradécelle ao profesorado “os valores que compartides con todos nós para seguir mellorando”  ||   A concelleira de Terceira Idade, Mariló Saco Vigo, clausurou esta mañá o curso 2023-2024 das Aulas Ategal de Padrón, que seguen sendo as máis numerosas de Galicia con 274 persoas matriculadas maiores de sesenta anos. “É de…
O alumnado do CEIP Rosalía de Castro e do IES Camilo José Cela coñeceu mediante relatorios e xogos a necesidade de depositar correctamente os residuos e o xeito de fabricar un compost As concelleiras de Medio Ambiente, Ana Castro, e de Educación, Mariló Saco, presentaron ao alumnado as diferentes actividades de divulgación e animárono a implicarse na súa posta en práctica Padrón celebrou este mércores 5 de xuño o Día Mundial do Medio Ambiente cunha serie de obradoiros educativos entre o alumnado do municipio. Estas accións enmárcanse dentro dunha axuda conseguida polo Concello para o proxecto de promoción da reciclaxe…
Ao longo do mes de xuño celebraranse un obradoiro, un videofórum, actividades infantís, un concerto e unha exposición ||  A campaña ‘Padrón con orgullo’ chegará de novo aos locais de hostalería e comercios para visibilizar e apoiar a diversidade ||   Baixo o lema Padrón con orgullo, o Concello de Padrón preparou unha completa programación con motivo do Día do Orgullo LGTBIQ+, que se celebra cada 28 de xuño. Este conxunto de actividades, deseñado para celebrar e promover a diversidade e a igualdade, terá lugar ao longo do mes de xuño e inclúe un obradoiro, un videofórum, actividades infantís, un…
Este venres 31 de maio realizarase o sorteo das 6 prazas que lle corresponden a Padrón nos campamentos deportivos de verán que organiza a Deputación da Coruña. Unha vez rematado o prazo de inscrición, Padrón conta con máis solicitudes que prazas polo que, conforme á normativa, procederase á realización dun sorteo público para a adxudicación das mesmas. A cita será no salón de plenos do Concello de Padrón este venres 31 de maio ás 11.00 horas. A convocatoria do sorteo pode descargarse premendo nesta ligazón.
O goberno local renovou este servizo co obxectivo de facilitar a vida laboral e familiar das familias En total ofrécense 55 prazas do 1 ao 31 de xullo de 8.00 a 15.00 horas O prazo de inscrición estará aberto do luns 10 ao venres 14 de xuño   O Concello de Padrón, a través da concellería de Servizos Sociais, organiza unha nova e renovada edición do programa Concilia Verán no que se amplía o horario e as prazas do servizo co obxectivo de dar unha resposta real ás necesidades de conciliación das familias. Ademais, amplíase a oferta de ocio para…
Haberá espectáculos de lume o sábado e o domingo, actividades para a cativada e xogos populares para todas as idades  ||   O alcalde e a concelleira de festexos presentaron o cartel da décimo sétima edición  ||     Postos de artesanía, obradoiros de oficios para todas as idades, moita música e un espectáculo de lume, son algúns dos atractivos da Feira Medieval que encherá de cor as rúas de Padrón o primeiro fin de semana de xullo. Dende as sete da tarde do venres día 5 ata a medianoite do domingo 7, a capital do Sar volverá ao medievo…
Haberá unha marcha de 15 quilómetros para os maiores de 6 anos e unha xincana infantil para a cativada A programación inclúe unha visita guiada ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo As inscricións serán o mesmo día a partir dar 10.45 horas no paseo do Espolón As rúas e as estradas de Padrón volverán encherse o sábado 8 de xuño de entusiastas do deporte co gallo da celebración do Día da Bicicleta. O evento deportivo e social que move a centos de persoas cada ano inclúe unha xornada chea de actividades para todas as idades. O Día da Bicicleta…
A obra recolle a historia da vila a través de fotografías Dende o Concello convídase ás persoas a compartir material co obxectivo de elaborar unha segunda edición A veciñanza de Padrón xa poder adquirir o libro ‘Padrón na lembranza' editado polo Concello coas fotos que cedeu José Ángel Rey Castro, presidente da asociación cultural Villa Petroni. Os exemplares desta obra que recolle a historia da vila a través de fotografías está a disposición de todas as persoas interesadas. O libro pode recollerse na oficina de Turismo de luns a venres de 10.00 a 14.30 horas e de 16.30 a 19.00…
O tamén pintor nado en Bos Aires presentouse co lema ‘Actas de sospeita’  ||   En opinión do xurado o traballo gañador “trátase dunha vista renovada a través do xenio epistolar ao horror fascista de 1936”  ||     O pintor e poeta vilagarcián Xurxo Alonso García é o gañador da décima edición do Certame poético Rosalía de Castro que organiza o Concello de Padrón. Alonso García presentouse ao certame baixo lema Acta de Sospeita cun traballo do que o xurado destacou que se “trata dunha visita renovada a través do xenio epistolar ao horror fascista de 1936”. Nado en Bos Aires en 1956 e…
Páxina 25 de 86

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…