Novas recentes

Cada participante aportoulle a Cáritas un quilo de alimentos non perecedoiros para distribuír entre as familias vulnerables  ||   O alcalde, Anxo Arca, estivo presente na saída da proba non competitiva  ||   Un chocolate con churros axudou os atletas e os ciclistas a repoñer forzas tras os case seis quilómetros de percorrido  ||     Medio milleiro de persoas de todas as idades participaron o 31 de decembro na I San Silvestre padronesa que organiza o Concello de Padrón. A afluencia nesta proba non competitiva desbordou as previsións da organización, que lle entregou un gorro vermello a modo de agasallo ás…
Acrobacias e 15 metros de altura mesturáronse con malabares e fogos cativadores en Fondo de Vila  ||   A Coral Polifónica Padronesa, a Polifónica de Lalín e a Rondalla de Cariño participaron no Festival de Panxoliñas  ||   Os Trasnos de Papá Noel encheron de música as rúas do casco histórico  ||   Os torneos de chave e de xadrez completaron a oferta deportiva dunha intensa xornada  ||     As acrobacias aéreas e os malabares e fogos cativadores do espectáculo Inanna fixeron gozar este sábado a padroneses e padronesas nunha xornada chea de actividades de Nadal, na que tamén se celebraron o festival de…
O premio está dotado con 1.500 euros, un diploma acreditativo e a publicación da obra gañadora Poderán presentarse obras inéditas en galego cun mínimo de 400 versos O prazo de presentación vai do 3 de xaneiro ao 17 de marzo   O Concello de Padrón, en colaboración coa Casa de Rosalía, convoca a XI edición do Certame Poético Rosalía de Castro. Este certame literario ten como obxectivo promover a poesía en lingua galega e renderlle homenaxe á escritora máis universal das nosas letras. A participación está aberta a persoas de calquera nacionalidade que presenten obras inéditas en galego, non premiadas…
Estas distincións concédense ás organizacións turísticas que implantaron un sistema de xestión de calidade orientado á excelencia, mellora continua e satisfacción do cliente A certificación de sostibilidade garante que a Oficina de Turismo segue un sistema de xestión orientado ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible  A concelleira de Turismo, Chus Campos, subliña que estes recoñecementos “reafirman o ambicioso proxecto do goberno local para potenciar o atractivo turístico de Padrón” O Concello de Padrón celebra a obtención das certificacións Q de Calidade Turística e S de Sostibilidade Turística pola súa Oficina de Información Turística, recoñecementos outorgados polo Instituto para a…
O convenio entre Concello e a Agadea Alzhéimer foi presentado hoxe polo alcalde, Anxo Arca, e a presidenta da Asociación, Isabel Gey  ||   Profesionais de Agadea prestarán o servizo na casa dos capeláns tres días por semana para atender a un máximo de 22 usuarios, e poderíase ampliar a toda a semana  ||   Mariló Saco: “O obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e enlentecer o avance da enfermidade”  ||   Durante este mes, a neuropsicóloga da asociación está valorando ás persoas interesadas  ||         Padrón contará a partir do vindeiro 16 de decembro cun…
Levouse a cabo unha renovación integral da área recreativa para facer deste espazo natural un punto de referencia para o lecer, o turismo e a posta en valor do patrimonio local  A actuación contou cunha subvención de 60.080,54 euros da Axencia de Turismo de Galicia, no marco das axudas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia  Foi financiada nun 90% cos fondos NextGenerationEU e completada con fondos municipais   O Concello de Padrón levou a cabo unha renovación integral da área recreativa dos ríos Sar e Ulla co proxecto denominado Embelecemento do litoral na área recreativa da desembocadura. A actuación…
A proba realizarase o martes 31 de decembro, ás 17:00 horas  O principal obxectivo é recoller alimentos para as familias máis necesitadas da contorna A distancia total será de 5,7 quilómetros  Esta carreira poderá completarse correndo, camiñando ou en bicicleta   O Concello de Padrón organiza o vindeiro martes 31 de decembro a San Silvestre Padronesa 2024, unha cita deportiva e solidaria, de carácter non competitivo, que ten como principal obxectivo recoller alimentos para as familias máis necesitadas da contorna. A cita que combina deporte, solidariedade e celebración comezará ás 17:00 horas, co punto de saída e chegada no paseo…
A gañadora, de 18 anos e natural de Santa Comba, recibirá unha achega económica de 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa Nesta trixésimo cuarta edición recibíronse 123 relatos, superándose a cifra do pasado ano O xurado elixiu esta obra pola “peculiaridade do seu estilo, que emprega unha ortografía propia, e pola súa visión marxinal da sociedade” O Concello de Padrón anuncia que Amalia Blanco Pose, veciña de Santa Comba, resultou gañadora da trixésimo cuarta edición do Premio Literario Camilo José Cela coa obra No neghro da ialma. Este certame de narrativa, creado en 1989, recibiu este ano 123 relatos, unha…
O Concello de Padrón acendeu este domingo a iluminación de Nadal, a pesar de que o forte temporal rexistrado provocou numerosas incidencias, entre elas cortes no alumeado público e na decoración de Nadal en distintas zonas do termo municipal. Os equipos de mantemento traballaron arreo toda a xornada para restablecer o servizo, pero algunhas das principais atraccións da iluminación non estiveron operativas debido a problemas técnicos ocasionados pola tormenta. Con todo, no casco urbano funcionaron as instaladas na maioría das rúas, así como as estruturas decorativas situadas na praza de Macías, Fondo de Vila e Baltar. Ademais, tamén funcionou a…
Os 25.000 euros aportados por sete firmas permitirán ampliar a iluminación no rural e no casco histórico, axudando a dinamizar o  pequeno comercio e hostalaría local  ||   “Os avances na colaboración público privada en beneficio da cidadanía permiten que Padrón sexa punto de referencia do Nadal en Galicia”, asegura o alcalde  ||   O domingo 1 de decembro acenderanse as luces ás 18.30 horas. Suspéndense os espectáculos programados en Fondo de Vila polas previsións de choiva  ||       A concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, e o alcalde, Anxo Arca, agradecen a implicación de sete grandes empresas de…
Páxina 22 de 89

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…