Novas recentes
As actividades, con prazas limitadas, permitirán revivir o traslado do Apóstolo, a historia de Iria Flavia e o legado de Rosalía de Castro O Concello de Padrón presenta unha nova programación de visitas guiadas e teatralizadas para os meses de xullo, agosto e setembro, co obxectivo de poñer en valor o patrimonio histórico, artístico e literario da vila. A iniciativa está organizada en colaboración coa agrupación teatral Os Quinquilláns e co divulgador histórico Suso Martínez, e está dirixida tanto á veciñanza como ás persoas que visitan a localidade durante o verán. A programación inclúe tres propostas diferentes que permiten…
PP e BNG teñen un mes de prazo para presentar unha moción de censura. Se non o fan as contas quedarán aprobados automaticamente || O alcalde lembrou que os orzamentos de 11,1 millóns de euros supoñen un impulso fundamental para que o Concello siga avanzando || “Os partidos da oposición non presentaron ningunha emenda nin propostas construtivas para mellorar as contas”, di Anxo Arca || O Pleno da Corporación de Padrón rexeitou esta mañá a cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos municipais deste ano cos 7 votos en contra de PP (6) e BNG (1), e…
O Concello consolida o seu liderado en Galicia sumando este ano 42 inscritos e cun programa de formación e lecer cada vez máis amplo A programación da xornada incluíu exposicións, actuacións musicais e un xantar de clausura “Sodes depositarios dun gran coñecemento e talento que non podemos permitirnos perder”, subliñou o alcalde Anxo Arca O Auditorio Municipal de Padrón acolleu este venres o acto de clausura do curso 2024–2025 das Aulas Sénior de Galicia (Ategal), nunha xornada marcada pola emoción, o recoñecemento e o compromiso co envellecemento activo. Padrón revalida un ano máis a súa posición como o municipio galego…
José Ramón Vigo, de 83 anos, homenaxeado como ciclista máis veterano nunha marcha multitudinaria Esta cita consolídase como un dos eventos familiares máis participativos do ano na vila Padrón viviu esta mañá unha auténtica festa da bicicleta e da mobilidade sostible con motivo da celebración dunha nova edición do Día da Bicicleta, que reuniu a 181 persoas inscritas de todas as idades nunha xornada marcada polo bo tempo, o espírito deportivo e o excelente ambiente familiar. Desde primeiras horas da mañá, o paseo do Espolón converteuse no punto neurálxico da cita. A actividade arrancou ás 10:00 h cunha visita…
Vai dirixido á rapazada de 6 a 15 anos e celebrarase en dúas quendas: do 23 de xuño ao 9 de xullo e do 10 ao 29 de xullo Combina as propostas deportivas e lúdicas con saídas ao Monte Santiaguiño, á piscina da Esclavitude e ao Aquapark de Cerceda O Concello de Padrón organiza unha nova edición do Campus Deportivo de Verán, unha actividade que cada ano reúne a ducias de nenos e nenas para desfrutar do deporte, da natureza e da convivencia durante o período estival. O campus desenvolverase entre o 23 de xuño e o 29 de xullo,…
O CEIP Flavia acollerá as actividades en horario de 7:45 a 15:15 h O servizo manterá o seu prezo público de 60 euros por quenda, cun total de 125 prazas dispoñibles A inscrición poderá realizarse entre o 27 de maio e o 3 de xuño no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica A documentación acreditativa da situación familiar será imprescindible para a baremación das solicitudes O Concello de Padrón, a través da Concellería de Servizos Sociais, activa unha nova edición do programa Concilia Verán, que este ano incorpora importantes novidades: por primeira vez ofrecerase unha quenda no…
O alcalde avanza que levará ao vindeiro Pleno a suba da taxa por ocupación de vía pública de 0,68 a 0,81 euros por metro e día O Concello destinará a financiar e mellorar o servizo de limpeza viaria os 60.000 euros que prevé recadar con esta medida O goberno local tamén quere establecer unha taxa por expedir a Pedronía O alcalde de Padrón, Anxo Arca, anunciou este xoves a intención do goberno local de someter á consideración do Pleno a actualización da taxa por ocupación da vía pública. “Padrón non pode seguir tolerando o abandono de lixo na vía…
A actividade é gratuíta e está aberta a todas as persoas que queiran participar e dispoñan dunha cámara ou dun móbil Os participantes asistirán a un faladoiro sobre fotografía e visitarán a vila, o xardín botánico, o convento de Herbón e a Casa de Rosalía As inscricións están xa abertas na páxina web de Padrón Turismo A comunidade de creadores de fotografía e vídeo Fotowalk Galicia e Padrón Turismo programan unha quedada fotográfica para o sábado 14 de xuño, na que se inclúen diversas visitas guiadas e que está aberta a todas as persoas que queiran participar, independentemente dos seus…
A obra gañadora leva por título ‘Pequeno panteón politeísta’, presentada baixo o lema ‘Gato de Cheshire’ O xurado destacou a forza das imaxes, o humor e a xeografía sentimental dos poemas O certame contou con 39 traballos presentados A escritora viguesa Noa Pérez González foi a gañadora da undécima edición do Certame Poético Rosalía de Castro convocado polo Concello de Padrón. A súa obra Pequeno panteón politeísta, presentada baixo o lema Gato de Cheshire, foi elixida entre os 39 traballos presentados nesta edición. O xurado destacou da obra gañadora “a forza de certas imaxes, o humor, a ironía coa…
As concelleiras Laura Horta e Chus Campos e o concelleiro Luis Mariño acompañaron ao rexedor e a María Rivas no percorrido polos diferentes stands A cita que se celebra durante todo o fin de semana combina lecer dixital, creatividade artística e compromiso social O Concello de Padrón inaugurou este sábado 10 de maio a Padrón Game Party, un evento centrado no lecer dixital e a cultura xuvenil que se celebra durante toda a fin de semana no pavillón do Souto, con acceso libre e gratuíto. A programación inclúe actividades de videoxogos, ilustración, música e reflexión social, nun formato…