Novas recentes
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, aproveitou a súa presenza na localidade italiana de Gaggi, no marco do proxecto Citizens together for sharing our Common Heritage, para divulgar e promocionar os valores e o potencial turístico, histórico, cultural, industrial e gastronómico do municipio padronés. O rexedor padronés participou neste congreso xunto cos seus homólogos de Holloko (Hungría), Obsthina Mezdra (Bulgaria), Safi (Malta), e Obec Glabusovce (Eslovaquia). Esta cita, financiada polo programa europeo Irmandamento de Cidades, permitiu darlle visibilidade á relevancia de Padrón como berce da tradición xacobea, así como destacar o seu protagonismo no ámbito literario por ser…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o concelleiro de Deportes, Ángel Rodríguez Conde, presentaron esta semana xunto co directivo do Club de Montaña Vértice Hugo Arias Álvarez o III Trail Vila de Padrón "Desafío Vértice", que pasado mañá sábado reunirá a preto de medio milleiro de atletas nos montes da contorna de Padrón para disputar dúas probas puntuables para a Copa de Carreiras por Montaña da Federación Galega de Montaña. Este trail constará dunha proba cun percorrido de 21 quilómetros e doutra cun percorrido de 13 quilómetros. Ambas realizarán unha saída conxunta ás 17.00 horas desde a…
A Concellaría de Turismo de Padrón está a traballar na elaboración dunha nova aplicación web para promocionar o Camiño de Santiago da Pedronía -de Compostela ata Padrón- mediante a divulgación de información sobre o seu patrimonio cultural a través de mapas interactivos que permitan percibir esta ruta de peregrinaxe "con tódolos sentidos e desde a alma e para a alma". Este proxecto denominado "Creando consciencia coa Pedronía" desenvólvese ao abeiro das axudas do programa "O teu Xacobeo", impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo. Baixo a coordinación da empresa Latexos de Turismo, a primeira fase do proxecto consistirá na…
A carballeira do convento da parroquia padronesa de Herbón acollerá mañá sábado a celebración da súa XLI Festa do Pemento, declarada de Interese Turístico de Galicia e na que a comisión organizadora preparará máis de 1.000 kilogramos de pementos fritidos, que se repartirán nunhas 3.000 racións. A programación de actividades comezará ás 9.00 horas cun tradicional pasarrúas a cargo do grupo de gaitas "Os Mersenarios" e da charanga "DGT". A continuación, ás 10.30 horas está programada unha misa campestre e ás 11.00 horas inaugurarase a festa, dando paso ás 11.30 horas á tradicional procesión agrícola motorizada, cuxos tractores participantes…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, foi este mediodía o encargado de entregarlle á directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, o galardón "Padrón, berce do Xacobeo", que a acredita como terceira Peregrina de Honra do Concello de Padrón, despois de Pepe Domingo Castaño (2017) e Manolo Garrido (2018). Ao remate da tradicional Misa do Peregrino na igrexa de Padrón, Fernández Angueira lembrou que este recoñecemento persigue tres obxectivos: "divulgar e poñer en valor a relevancia histórica de Padrón no contexto xeral da tradición xacobea", "tributarlle un recoñecemento simbólico aos peregrinos que a día de hoxe xa…
O Concello de Padrón presentou hoxe a vintena de actividades que programará desde este venres ata o día 26 de xullo co gallo da celebración da Romaría do Santiaguiño do Monte e que inclúen desde unha ampla oferta de actuacións e estilos musicais (pop, rock, folk, jazz e música electrónica) ata espectáculos de maxia e teatro infantil para un público máis familiar. No apartado institucional, cómpre destacar que a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, será distinguida o día 24 ao remate da Misa do Peregrino, como terceira Peregrina de Honra e, como tal, recibirá o agasallo…
A Concellaría de Servizos Sociais de Padrón manterá aberto ata o vindeiro venres día 14 o prazo de inscrición para o programa "Concilia Verán 2019", que se desenvolverá desde o 24 de xuño ata o 31 de xullo e que ofertará un total 90 prazas, a razón de 30 por cada unha das tres quendas (do 24 ao 28 de xuño, do 1 ao 15 de xullo e do 16 ao 31 de xullo). Este servizo, que se ofertará en horario de 7.30 a 15.00, mestura unha oferta lúdica e educativa no período estival de forma que, ademais de…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e os concelleiros de Festexos, Ángel Rodríguez Conde, e de Cultura e Turismo, Lorena Couso Dopazo, presentaron hoxe as principais actividades da programación da Pascua de 2019, que celebrará o seu día central o domingo 21 de abril e que terá como pregoeiro nesta edición ao humorista, actor e presentador da TVG Xosé Antonio Touriñán -o sábado 20 de abril, ás 21.00 horas, na Praza de Macías-. Desde a celebración da primeira actividade o vindeiro sábado 30 de marzo (o I Trofeo de Judo Infantil da Pascua de Padrón) ata a última…
O Concello de Padrón licita as licenzas de uso de 230 parcelas para os postos e atraccións da Pascua
O Concello de Padrón vén de sacar a licitación as licenzas de uso dun total de 230 parcelas para a instalación de postos de venda e atraccións feirais durante as Festas da Pascua de 2019 e 2020 no Campo do Souto, no Paseo do Espolón e nas rúas da contorna. Segundo explicou o concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez, aínda que o número global de parcelas supera as 400, nestes momentos quedan dispoñibles estas 230 que saen a licitación e que se destinarán á instalación de atraccións de tipo mecánico e eléctricas, tómbolas e xogos de azar, postos de venda…
Diversas actividades divulgativas sobre a lamprea abriron nas últimas semanas nos centros educativos de Padrón a programación das "V Xornadas Gastronómicas da Lamprea", que se desenvolverán os vindeiros días 22, 23, 24, 29, 30 e 31 e que contarán coa participación de nove restaurantes. Os "menús lampreeiros", que se poderán degustar previa reserva, terán un prezo de 30 euros/persoa. A actividade divulgativa denominada "Máis alá das nasas - Descubrindo a lamprea a través do xogo", levouse a cabo nos centros educativos de Pousada, Arretén, Pontecesures, Extramundi e A Escravitude. Nela, os cativos interpretaron un conto vivo con explicacións sobre…
Galego
Español



