Novas recentes
O Concello que preside Antonio Fernández recibirá unha achega de 145.000 € da Unión Europea // Administracións locais, entidades da sociedade civil e persoas mozas de 16 países debateran sobre o sentido de pertenza á UE e o reforzo da identidade europea en tempos de crise // O proxecto, enmarcado no programa CERV 2021-2027, desenvolverase ao longo dun ano e medio en cinco reunións temáticas e en cinco localidades europeas diferentes // Fomentar o sentido de pertenza á Unión Europea, ofrecer a oportunidade de coñecer os dereitos da cidadanía da UE, os valores comúns, reforzar o entendemento mutuo a través…
O programa de envellecemento activo para maiores de 50 anos inclúe unha ampla oferta de actividades // Retómase o ximnasio e inclúense novas propostas formativas como hipopresivos, patchword, bordado, ganchillo, encaixe de Camariñas e un curso de manexo de APP de bancos e caixeiros automáticos // Visitas culturais, encontros de ATEGAL, conferencias, obradoiros e cursos de curta duración complementan o programa que se fai extensivo ao rural // As clases arrincan o 17 de outubro e finalizarán o 31 de maio de 2023 // As Aulas Sénior de Padrón, xestionadas por ATEGAL, en colaboración co Concello de Padrón, veñen de…
O día 12 abre o prazo de matrícula só para persoas empadroadas no municipio e a partir do día 19 para todo o público Nesta edición contémplase xa a nova ordenanza de cotas aplicadas na inscrición O curso comezará o 26 de setembro O Concello de Padrón vén de facer público a ampla oferta deportiva para o curso 2022-23 das Escolas deportivas municipais así como de actividades físico-deportivas para persoas adultas. Unha proposta deportiva que comezará a súa andaina o 26 de setembro e que este ano retoma á normalidade, despois das dúas últimas tempadas marcadas polas restricións e os…
Unha unidade móbil instalarase no Campo do Souto, preto da Praza de Abastos // As persoas interesadas deben concertar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 543 992 // Coidados porta a porta, o programa da Xunta de Galicia que presta asistencia ás persoas maiores do rural coa fin de previr a dependencia, prestará os seus servizos en Padrón esta semana, gracias á colaboración entre Xunta e Concello de Padrón. O xoves día 8, o venres día 9 e o luns día 12, unha unidade móbil instalarase no Campo do Souto, preto da Praza de Abastos, para desenvolver…
A potabilizadora de auga ubicada en Padrón e xestionada pola Xunta abastece aos concellos da marxe dereita da ría e a Vilagarcía || Ethel Vázquez recordou que a Lei de mellora do ciclo integral da auga, que entrará en vigor mañá, permitirá aos concellos blindar os seus sistemas de abastecemento fronte á seca con apoio da Xunta || A conselleira salienta que este é o único dos grandes sistemas de abastecemento xestionado pola Xunta, porque así llo encomendaron de xeito voluntariado os concellos en 2004 || O obxectivo de cara ao futuro é impulsar actuacións de ampliación na potabilizadora…
Mantéñense as actuacións infantís de xoves e venres || Os Quinquilláns representan mañá ‘Terra de raíñas’ na praza de Macías || Óscar Ibáñez & Tibo ofrecerán o concerto programado polo Xacobeo o venres en Fondo de Vila || O Concello de Padrón vén de anunciar a suspensión da XV Feira Medieval e Gastronómica no Padrón Xacobeo, que se ía celebrar do 2 ao 4 de setembro, debido á previsión de mal tempo durante a fin de semana. Porén mantéñense algúns dos espectáculos programados ata o venres, como a representación teatralizada dos Quinquilláns, as actuacións de Títeres Cachirulo,…
Tivo gran acollida entre touroperadores e axencias de viaxes na feira de Silleda e pode descargarse tamén na web de Turismo de Padrón // Incide no Padrón xacobeo e literario, as paraxes naturais do municipio, produtos como o pemento de Herbón e a lamprea e recolle un directorio con empresas de servizos e hostelería // ‘Padrón. Camiño e destino’ é o título do catálogo co que o Concello padronés se está a promocionar entre touroperadores, axencias de viaxes e outros profesionais do turismo de cara a difundir todas as posibilidades que o municipio lles ofrece aos visitantes para gozar da…
Da man de dous personaxes singulares, Frei Estradón e do Bardo Bernardo, coñeceron o convento franciscano, a súa contorna e o valor do río Ulla // A xornada de convivencia incidiu sobre a figura de Macías O Namorado e as cantigas de escarnio e maldicir // O programa de conciliación padronés, que finaliza o vindeiro 17 de agosto, xira en torno a temática medieval // Os nenos e as nenas participantes no Campamento urbano 2022, organizado polo Concello de Padrón nas instalacións do Convento de Herbón, recibiron hoxe aos integrantes do programa de conciliación da vida familiar e…
O conselleiro de Cultura visitou esta mañá o novo espazo expositivo na compaña dos concelleiros Lorena Couso e Francisco Javier Guillán // “Parécemos moi positivo que un conxunto de alto valor patrimonial sume cada vez máis espazos de visita”, subliña a edil // A recuperación para o goce da cidadanía do convento de Herbón dá un novo paso coa apertura dun espazo expositivo na primeira planta do claustro, rehabilitado recentemente grazas a un investimento da Xunta de preto de medio millón de euros. Esta actuación súmase á restitución do retablo barroco da igrexa hai apenas uns anos por mor doutra…
A xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade anuncia no acto de clausura desta formación que a Xunta investirá o próximo ano 500.000 € nun novo obradoiro de emprego para os concellos de Rois, Padrón e Dodro O alumnado aprendeu a linguaxe de programación e xestión de contidos facendo dúas propostas web vinculadas ás comunidades de montes en man común dos concellos de Terras de Iria A xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, Judit Fontela, clausurou hoxe en Rois o obradoiro Xuventude en Acción 2021, promovido polos concellos de Rois, Padrón e Dodro e que contou…