Novas recentes
O Concello elaborou unha ampla oferta cultural e de ocio do 17 de decembro ao 14 de xaneiro // Lorena Couso: “Queremos dinamizar o Nadal con actividades na vila e polas parroquias, pensadas para gozar en familia e involucrando á veciñanza en xeral” // Papá Noel visitará os centros educativos os días 19 e 20 de decembro, e o día 23 estará na praza de Macías // O ‘Nadal rula por Padrón’ é a novidade deste ano encamiñada a descentralizar a actividade achegándoa ao rural // O Concello de Padrón vén de presentar a programación de Nadal que abrangue…
O alcalde padronés, Antonio Fernández, informou aos sindicatos desta iniciativa que pretende equiparar as condicións salariais de todos os traballadores municipais // A proposta levarase ao vindeiro pleno ordinario para a súa aprobación // O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, mantivo unha xuntanza cos sindicatos para trasladarlles a intención do equipo de goberno de facer efectivo o pago dos trienios a todo o persoal laboral temporal que estea a prestar os servizos no Concello e que non os estea percibindo. Segundo explicou o mandatario padronés, a proposta levarase ao vindeiro pleno ordinario. Con esta actuación, o Concello quere “recoñecer…
O alcalde de Padrón e o presidente de Ategal asinaron hoxe o convenio de colaboración para o curso 2022-23 // Antonio Fernández destaca a aposta do goberno padronés na formación permanente de persoas maiores de 50 anos e o incremento da achega anual á entidade // As Aulas Sénior de Padrón, con 210 alumnos e alumnas, supera en matrícula á das aulas das grandes urbes galegas como Santiago, Vigo, Ourense ou A Coruña // O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o presidente da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos-Aulas Sénior de Galicia (Ategal), Ángel Fagilde Trabada,…
O matemático e pallaso agradeceulle ao xurado que pensase no circo e recoñecera o traballo dunha arte que se está a reinventar dende cero || Antonio Fernández Angueira destacou a calidade do espectáculo DROP, que onte cativou ao público presente no auditorio || Pablo Reboleiro agradeceulle onte ao xurado do Premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva que “pensase no circo e premiase todo o traballo dunha arte que se está a reinventar dende cero”. O matemático, pallaso e cofundador da compañía Pista Catro recibiu de mans do alcalde Antonio Fernández Angueira o galardón que o acredita como gañador…
O alcalde e a concelleira de Cultura presidiron onte os actos // As obras pictóricas poderán verse ata o día 14 de novembro no auditorio // O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, inaugurou onte a exposición do pintor ferrolán Pedro Castro Couto coa que Padrón se reencontra coa Galicia medieval. A mostra forma parte dun proxecto que inclúe tamén un concerto, una unidade didáctica para alumnado da ESO e unha conferencia sobre castelos, que pretende achegar á veciñanza a unha “época moi colorista, porque a Idade Media non foi unha etapa escura, como poderíamos pensar”, aseguraron Fernández Angueira e…
A iniciativa cultural inaugurase o 3 de novembro coa exposición de pintura de Pedro Castro Couto e o concerto do Grupo Medievalium Gallaecia // Haberá unha conferencia sobre castelos medievais o día 10 de novembro e presentarase unha unidade didáctica para o alumnado de Secundaria sobre esta época histórica // O Concello destaca a importancia do proxecto ao achegar unha visión do medievo dende unha óptica multidisciplinar // Novembro arrinca con forza en Padrón e o fai cunha proposta singular na que a historia será a protagonista. A través do programa Reencontro coa Galicia Medieval, o Concello de Padrón propón…
Os deseños de Ana Pérez, Mateo Chayán, Blanca Rocha, Violeta Taboada, Sara Castro e Sara González imprimiranse en cuncas conmemorativas // Os máis de 450 traballos recibidos encherán os escaparates dos comercios, bares e restaurantes da vila durante o mes de novembro // Xa hai nomes gañadores do II Certame de debuxo do 25N co que o Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller, volve implicar ao alumnado de Primaria nas actividades de sensibilización coas que conmemora o Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o 25 de novembro. Os debuxos premiados son os…
O concurso está dirixido ao alumnado de secundaria dos centros educativos de Rois e de Padrón // O obxectivo é implicar a mozas e mozos na prevención, a visibilización e a denuncia da violencia de xénero // O Centro de Información á Muller Terras de Iria, en colaboración cos concellos de Rois e Padrón, promove un certame de TikTok entre o alumnado de secundaria dos dous municipios no marco das actividades coas que conmemorará o 25N, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. O concurso, que ten como obxectivo a sensibilización de mozas e mozos fronte á violencia…
O grupo está formado por unha ducia de participantes de distintas idades e conta con figuras femininas significativas da contorna vinculadas ao traballo e coidado da terra // A primeira sesión incidiu sobre as consecuencias do cambio climático, a transmisión de saberes e prácticas respectuosas co medio // A iniciativa parte de Feitoría Verde e conta coa implicación da Oficina de Voluntariado de Padrón e o co-financiamento do Concello // A emerxencia climática é unha realidade á que non podemos dar as costas e as mulleres poden _e deben_ xogar un papel determinante na loita contra o cambio climático nas…
Os alcaldes Antonio Fernández e Ramón Tojo destacan que por primeira vez ofrecen unha programación coordinada || O auditorio roisense acollerá os espectáculos de outubro || A capital do Sar tomará o testigo en novembro e decembro || A oferta teatral sobresae nun programa que inclúe concertos, exposicións ou conferencias || O desexo de ampliar o número de espectáculos e o tipo de propostas para reforzar a oferta cultural levou aos concellos de Padrón e Rois a unir os seus esforzos e a deseñar por primeira vez unha programación coordinada para o último trimestre do…