Novas recentes
O creador de Pistacatro Pablo Reboleiro gaña a vixésimo primeira edición do Premio Maruxa Villanueva
O xurado recoñece a súa traxectoria como impulsor do novo circo galego e destaca a súa actuación multidisciplinar no espectáculo ‘Drop’// O creador e director artístico da compañía Pistacatro, Pablo Reboleiro Rama, converteuse hoxe no gañador da vixésimo primeira edición do Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva. O xurado valorou a traxectoria de Pablo Reboleiro como un dos grandes impulsores da renovación do circo en Galicia e, en especial, o seu papel no espectáculo Drop, “onde exhibe a capacidade de hibridación do circo contemporáneo, botando man da tradición dos malabares á par doutras disciplinas artísticas”. O xurado salienta ademais que…
Martina López e Arturo Domínguez foron os mellores padroneses desta proba que xuntou a case 600 atletas en todas as categorías || Manuel Cruces Prado, de 78 anos, foi o de máis idade, e Elvira Tresguerras quen pechou a entrada na meta || O triatleta galego Uxío Abuin deu o pistoletazo de saída || Correron 40 pitufos e houbo grande participación nas categorías escolares || Consulta neste enlace a galería de imaxes da XIX Padrón 10K (preme aquí) Tina Fernández Barreiro, do Club Atletismo Sar, e Pablo Miguel García, do Athletics San Lázaro, foron os gañadores na decimonovena edición da Padrón 10K que…
Limitacións entre ás 16.00 e as 19.00 horas ao tránsito rodado e de estacionamento nesta zona e na contorna do Espolón // Na proba están inscritas 300 persoas adultas e máis de 250 escolares // As saídas faranse de forma gradual dende as catro da tarde, coa dos pitufos, ata as cinco e media, coas categorías absolutas // A décimo novena edición da Padrón 10K vai reunir mañá a preto de 600 atletas de diferentes categorías a partir das catro da tarde. Por este motivo, e para garantir a seguridade das persoas participantes, o Concello anuncia que haberá restricións de…
As persoas interesadas poden recibir ata 25.000 euros en achegas e teñen ata o 30 de setembro para pedilas// As axudas á rehabilitación de vivendas nos concellos situados na Área de Rehabilitación Integral (ARI) do Camiño de Santiago poden solicitarse desde hoxe. A Xunta de Galicia vén de publicar as bases da convocatoria no DOG e as persoas interesadas poderán obter unha axuda de ata 25.000 euros por inmoble. As obras de mantemento para adecuar os edificios á normativa vixente, aquelas coas que se mellore a eficiencia enerxética das vivendas, así como as que adapten as condicións de accesibilidade son as…
A proba desputarase o sábado con saída e meta no Campo do Souto padronés // A saída farase de forma gradual e abrirán a xornada deportiva os pitufos ás 16.00 horas // A proba absoluta para as distancias de 5 e 10 quilómetros comezará ás 17:30 horas // O vindeiro mércores 2 de febreiro pecharase o prazo de inscrición para participar na 10K de Padrón, que chegará o sábado á súa décimo novena edición. Coas 300 prazas para persoas adultas xa esgotadas, as inscricións continúan abertas unicamente para escolares (dende pitufos a sub 16) na páxina web de Emersports. A…
Foi inaugurada esta mañá na praza Ramón Tojo polo alcalde, o presidente da Fundación Rosalía e o secretario xeral de Política Lingüística // Repasa a historia da Casa-Museo e lembra o fito que supuxo conseguir mercar, restaurar e musealizar o edificio en pleno franquismo grazas á colaboración de milleiros de persoas // O alcalde de Padrón, Antonio Fernández; o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; e a concelleira de Cultura, Lorena Couso, inauguraron esta mañá a exposición A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía. A…
O Padrón Xacobeo e a Pedronía foron algunhas das iniciativas polas que se interesaron // Michelle Fridman, secretaria de Turismo de Yucatán (México), e Marystella Muñoz, directora de promoción e feiras especializadas, visitaron esta mañá Padrón coa idea de obter información sobre o desenvolvemento e a organización do Camiño de Santiago para pór en marcha no seu país o Camino Maya. Lorena Couso, concelleira de Turismo de Padrón, recibiunas na Casa Consistorial e aproveitou para falarlles do Padrón Xacobeo e da promoción da Pedronía. As responsables de turismo da península mexicana do Yucatán estaban sobre todo interesadas en coñecer o…
Trátase dunha proba puntuable para a Copa Galega de Andainas de 50 quilómetros // Contempla as opcións de acurtar o percorrido ou de facelo correndo // As inscricións estarán abertas ata o 24 de marzo, sempre que queden prazas dispoñibles // A Andaina Bisbarra do Sar chegará o sábado 2 de abril á súa décimo quinta edición. A proba, cun percorrido de 50 quilómetros que discorre polos municipios de Padrón, Dodro e Rois, é puntuable para a Copa Galega de Andainas de 50 Kms. Pero a participación tamén está aberta a todas aquelas persoas que se animen a andar treitos…
Substituiranse 608 puntos de luz, 19 cadros de mando e o cableado en mal estado // O Ministerio de Transición Ecológica aporta 259.069 euros de fondos europeos // As obras, que terán un orzamento total de 323.000, terán que estar rematadas antes de xullo de 2023 // Padrón vai acometer en datas próximas a renovación do alumeado público na parroquia de Carcacía, substituíndo as luminarias actuais por outras de tecnoloxía LED de última xeración, o que permitirá reducir o consumo case á metade. Para levar a cabo o proxecto, o director xeral do Instituto para la Diversificación y Ahorro de…
Teñen ata o 19 de febreiro // Subvenciónanse ata o 70% das actuacións, cun límite de 3.000 euros // As obras comprenden o revestimento e pinturas de fachadas sen rematar, o acondicionamento de peches ou a substitución de celosías // Este mediodía ábrese o prazo para que os particulares poidan solicitar as subvencións destinadas a corrixir impactos paisaxísticos. As axudas cubrirán ata un 70% do importe da actuación, cun límite máximo de 3.000 euros. O prazo de solicitudes péchase o 19 de febreiro. Ademais dos particulares, os concellos tamén poden solicitar axudas para combater o feísmo. Neste caso, ábrense dúas…