Novas recentes

Antonio Fernández Angueira anima a “fortalecer os nosos vínculos e perseguir novas metas conxuntas” // Sánchez Bugallo amósase compracido por “recuperar esta tradición que nos une e que nos últimos anos non se puido celebrar pola pandemia” // As bandas de música de Padrón e Santiago amenizan a xornada festiva do Luns de Pascua // Os concellos de Padrón e Santiago renovaron hoxe os seus lazos de irmandade nun acto protocolario que se vén celebrando desde hai máis de 60 anos coincidindo co Luns de Pascua. “Parecen moitos, pero realmente poden considerarse moi poucos se temos en conta que os…
Dende a organización destacaron o alto nivel dos cabalos procedentes de toda Galicia que participaron nos concursos ||  Numeroso público no concerto que a Banda de Música de Padrón ofreceu na praza de Macías ||  O pasarrúas do grupo folclórico San Pedro de Carcacía e dos xigantes e cabezudos sorprendeu a moitos turistas e padroneses ||  A Feira cabalar de Pascua, unha das tradicións máis arraigadas das festas de Padrón, xuntou hoxe no campo da Barca a exemplares procedentes das catro provincias galegas e a milleiros de afeccionados, que encheron tanto a zona reservada a feira como a praza na…
‘Petroleo’ felicitou ao Concello polo recente recoñecemento como Festas de Interese Turístico de Galicia para as festas e pediu o seu recoñecemento internacional ||  Loubou ás xentes de Padrón e aos seus manxares máis exquisitos, como os pementos de Herbón e a lamprea ||  Grande ambiente durante toda a xornada nas rúas da vila, coas prazas a reventar durante os concertos das orquestas Players, Unión y Fuerza e París de Noia ||  Hoxe, día grande da Pascua coa Feira Cabalar, espectáculo de recortadores, Charleston Big Band e as Tanxugueiras ||    O actor e premio Goya Luis Zahera deulle onte…
A proba contou con 350 participantes nas categorías escolares e 200 na proba absoluta  ||   Mercedes Blanco e Roberto Agrelo foron os primeiros atletas locais en cruzar a meta  ||   Grande ambiente nas rúas do casco histórico durante a celebración das probas escolares  ||   Por equipos gañaron o Club Atletismo Sar e o Club Deportivo Pinarium  ||   Vanesa Blanco Rey e Pablo Carnero Rodríguez foron os gañadores da categoría absoluta na Carreira Popular de Padrón que celebrou esta mañá a súa 41 edición coincidindo coas festas de Pascua. Por equipos, subiron ao podio o Club Atletismo…
Ofrecerá información e asesoramento a todas as persoas que acudan ás festas // O servizo contará con material de sensibilización e persoal para atender a quen o solicite // O Concello de Padrón disporá nas Festas da Pascua dun Punto Lila destinado a loitar contra as agresións sexistas nos contextos de ocio nocturno.  A iniciativa, que xa se puxera en marcha en celebracións anteriores á pandemia coma a propia Pascua de 2019 ou a Festa do Pemento dese mesmo ano, quere ser un referente para a sensibilización fronte á violencia machista, ofrecerá información e prestará asesoramento a todas as persoas…
Con estes primeiros galardóns, a entidade recoñece a colaboración de institucións e persoas na celebración dos actos da Semana Santa  ||    Antonio Fernández Angueira e concelleiros da Corporación participaron por primeira vez na procesión das Virxe das Dores  ||       O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e membros da Corporación participaron onte por primeira vez na procesión da Virxe das Dores, despois de recoller unha das Medallas de Honra coa que a Confraría das Dores recoñece a colaboración que o Concello ven mantendo coa entidade na organización e celebración solemne dos diversos actos do setenario.  Estes…
O Consello da Xunta aprobou a declaración esta mañá atendendo á súa antigüidade, ao seu arraigamento popular ou ás múltiples actividades que oferta // O alcalde, Antonio Fernández, amósase convencido de que o recoñecemento potenciará o turismo e a economía do municipio // As Festas de Pascua son xa Festa de Interese Turístico de Galicia logo de que o Consello da Xunta, reunido esta mañá, aprobase a solicitude realizada polo Concello de Padrón, apoiada tamén a mediados do pasado mes de marzo polo Consello de Turismo. O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, expresou a súa satisfacción ante a nova. Sinalou…
O alcalde presidiu esta mañá a reunión da Xunta Local encargada da coordinación// O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade na que se coordinou o dispositivo especial que operará durante as Festas da Pascua. Participaron na xuntanza representantes da Delegación do Goberno en Galicia, do Grupo de Emerxencias Padrón-Rois-Dodro, e membros da Policía Nacional, da Policía Local e da Garda Civil. Os alcaldes de Rois, Ramón Tojo, e de Dodro, Xabier Castro, asistiron tamén como convidados, por causa da repercusión que a celebración ten en toda a comarca do Sar. A Xunta…
Faise público un novo anuncio de aceptación de renuncias e adxudicación ás seguintes licitadoras admitidas no procedemento convocado para a adxudicación das autorizacións que permiten o uso das parcelas con motivos das Festas da Pascua 2022-2023. O anuncio pódese consultar picando neste enlace. 
Anuncio de aceptación de renuncias e adxudicacións ás seguintes licitadoras admitidas no procedemento convcoado para a adxudicación das autorizacións que permiten o uso temporal do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais con motivo das Festas de Pascua nos anos 2022 e 2023. O anuncio pode consultarse picando neste enlace. 
Páxina 36 de 72

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…