Novas recentes
Dende o mes de xuño a oficina de Turismo de Padrón ten un mostrador de atención ao público na planta baixa da Biblioteca Municipal. Deste xeito, permítese garantir a seguridade das persoas traballadoras e usuarias desde departamento. Se ben, a nova distribución non afecta ao desenvolvemento da actividade diaria da Biblioteca e permite o cumprimento das medidas de seguridade fronte á Covid-19. O Concello de Padrón xa iniciou a tramitación para a creación dunha nova oficina de turismo máis ampla e con máis servizos para a atención das persoas usuarias. Así, esta medida foi tomada de xeito provisional á agarda…
A piscina e o ximnasio municipal de Padrón reabren as súas instalacións este venres no mesmo horario que tiñan antes de que se decretase o estado de alarma. As condicións da reapertura establecéronse en base ao marco normativo que recolle a Fase III do proceso de desescalada cara a nova normalidade. O aforo limitarase ao 12% da capacidade, o que implica una redución do espazo maior da que se establece na normativa da desescalada, que a fixa nun 30%. O obxectivo desta medida adicional é que os usuarios dispoñan dun espazo máis amplo e seguro. Ademais estableceuse un rigoroso protocolo…
A Aula CeMIT do Concello de Padrón sumase ao convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Vigo (UVigo) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a posta a disposición das tres universidades galegas do Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT Padrón) coa finalidade de facilitar un servizo de conectividade para a realización dos exames de xeito non presencial corrrespondentes ao curso universitario.Os estudantes universitarios que queiran facer uso deste servizo, terán que darse de…
O concello de Padrón xa non ten ningún caso activo de coronavirus. Segundo a última actualización dos datos por parte do Centro Médico municipal, en Padrón hubo un total de 33 casos de contaxio, pero na actualidad xa non queda ningún caso activo despois de que esta semana recibise a alta a última persoa enferma pola Covid-19 na vila. Dos 33 casos que se detectaron en Padrón ao longo destes meses, 30 persoas foron dadas de alta, mentres que tres persoas faleceron a causa da enfermidade. Dende hai varias semanas en Padrón non se detectou ningún caso novo de contaxio,…
A pandemia do coronavirus obrigou a cambiar a forma de desfrutar da cultura e do ocio, e neste contexto é necesario buscar novas fórmulas, como por exemplo o autocine para desfrutar das últimas estreas cinematográficas. A concellería de Turismo e Cultura de Padrón, moi implicada coa busca de solucións para todos os retos plantexados pola pandemia, acaba de poñer en marcha un autocine na vila. Lorena Couso sinalou que “esta é unha das iniciativas nas que traballamos para animar a vida social e cultural da nosa vila nestes tempos tan complicados, para nós é moi importante seguir dinamizando Padrón e…
O Concello de Padrón acordou en sesión plenaria que todos aqueles negocios aos que se lles autorizase ou se lles autorice o uso de espazos públicos con mesas, cadeiras e toldos con finalidade lucrativa, quedarán exentos durante o 2020 do pago das taxas correspondentes. Todos os empresarios da vila poden adherirse a este beneficio que ten como obxectivo paliar os efectos da crise da Covid-19 durante este exercicio. Respecto ao vindeiro ano, 2021, os establecementos de hostelería deberán presentar unha solicitude, acreditar que non teñen débedas pendentes co Concello de Padrón e devengar a taxa ao principio da ocupación como…
O Concello de Padrón elaborou un Plan de reactivación do turismo e do comercio, dous sectores primordiais en Padrón, co obxectivo, en primeiro lugar, de reforzar a confianza do público e crear un destino seguro e libre de coronavirus. As claves deste proxecto que desenvolven dende o departamento de Turismo son apoiar a estes sectores, crear un ecosistema de axentes económicos do territorio, impulsar medidas para os procedementos hixiénico-sanitarios, potenciar o tecido empresarial da localidade, mellorar a confianza do consumidor e promover novos produtos turísticos. O equipo de Turismo municipal elaborou este proxecto para 2020 e 2021 tendo en conta…
O Concello de Padrón actualizou os datos de contaxio de coronavirus e, segundo a información facilitada polo Centro Médico municipal, na vila rexistraronse un total de 33 casos de contaxio polo virus COVID-19 ao longo destes meses. Se ben, na actualidade só hai dous casos activos, o que supón que nas últimas semanas houbo numerosas altas. En total, 28 persoas foron dadas de alta neste período, é dicir, dende a última semana rexistraronse catro novas altas. Respeto ao número de falecementos, rexistraronse tres mortes por coronavirus en Padrón. O alcalde de Padrón mostrou a súa satisfacción polos datos que trasladaron…
O Concello de Padrón prepara a publicación dun libro para rendir homenaxe a todas as persoas que durante estes meses estiveron confinadas nos seus fogares para conseguir superar a crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19. A publicación recollerá as imaxes de todas as persoas que compartiron en redes sociais parte da cotidianeidade da súa cuarentena baixo o paraugas das campañas que o departamento de Cultura e Turismo lanzaron a través das novas tecnoloxías da información. Así, por un lado, no libro poderanse ver cales son os libros favoritos que acompañaron aos padroneses e padronesas durante o confinamento. E, por…
O Concello de Padrón actualizou os datos de contaxio de coronavirus e, segundo as últimas cifras facilitadas polo Centro Médico municipal, na vila rexistraronse un total de 33 casos de contaxio polo virus COVID-19 ao longo destes meses. Hai seis casos activos na actualidade, o que supón que nas últimas semanas houbo numerosas altas. En total, 24 persoas foron dadas de alta neste período. Respeto ao número de falecementos, rexistraronse tres mortes por coronavirus en Padrón. Pola súa parte, o executivo local continua coa xestión da pandemia -tanto en relación cos aspectos sanitarios como na reactivación da economía local-. Así,…