Novas recentes

O alcalde presidiu esta mañá a reunión da Xunta Local encargada da coordinación// O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade na que se coordinou o dispositivo especial que operará durante as Festas da Pascua. Participaron na xuntanza representantes da Delegación do Goberno en Galicia, do Grupo de Emerxencias Padrón-Rois-Dodro, e membros da Policía Nacional, da Policía Local e da Garda Civil. Os alcaldes de Rois, Ramón Tojo, e de Dodro, Xabier Castro, asistiron tamén como convidados, por causa da repercusión que a celebración ten en toda a comarca do Sar. A Xunta…
Faise público un novo anuncio de aceptación de renuncias e adxudicación ás seguintes licitadoras admitidas no procedemento convocado para a adxudicación das autorizacións que permiten o uso das parcelas con motivos das Festas da Pascua 2022-2023. O anuncio pódese consultar picando neste enlace. 
Anuncio de aceptación de renuncias e adxudicacións ás seguintes licitadoras admitidas no procedemento convcoado para a adxudicación das autorizacións que permiten o uso temporal do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais con motivo das Festas de Pascua nos anos 2022 e 2023. O anuncio pode consultarse picando neste enlace. 
Convida á veciñanza a sumarse á campaña de sensibilización facéndose unha foto e subíndoa ás redes sociais // O Concello de Padrón conmemora o Día Mundial do  Autismo sumándose un ano máis á campaña Ilumina de Azul, que convida a tinguir de azul edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo para visibilizar como mostra de apoio e solidariedade co colectivo de persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e coas súas familias. A Casa do Concello, o edificio de Servizos Sociais, a estatua de Rosalía de Castro no  Espolón, A Pementeira e A Semilleira serán os monumentos que se…
Incluirá concursos de poldros, eguas e sementais de Pura Raza Española, Pura Raza Árabe, Pura Raza Galega e cruzados // Carmina Bustelo afirma que o espectáculo de doma paraecuestre demostra “que non existen barreiras na hípica” // O Concello de Padrón acollerá a tradicional Feira Cabalar o vindeiro 17 de abril, Domingo de Pascua, toda unha mañá de eventos e exhibicións arredor do cabalo. A Feira Cabalar, unha das citas máis atractivas da programación, celebrarase no Campo da Barca cun programa de actividades que conta coa colaboración da Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega e Concursos Hípicos…
Anuncio de adxudicación das autorizacións de uso temporal do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais con motivo das Festas de Pascua dos anos 2022 e 2023. O anuncio pode consultarse picando neste enlace.
O cambio de pavimento con pedras de cantería compleméntase coa renovación de acometidas e pluviais Continúan agora coa mellora nas redes de abastecemento e saneamento na rúa Traviesas A Consellería de Emprego e Igualdade financia con 346.946 euros a formación de 20 persoas dos tres concellos da comarca do Sar   O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o concelleiro de Obras, José Ramón Pardo, supervisaron o remate das obras realizadas polo alumnado do obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2021, que veñen de colocar unha nova pavimentación na rúa Ferreiros e a súa comunicación ata a rúa…
Un tributo a Queen e o arranque da xira da Panorama inclúense nun completo programa musical para todas as idades // Ás competicións de xadrez, tenis, fútbol ou chave, únense a Carreira Popular, a Clásica ciclista e a velada de boxeo // “Padrón ten ganas de Pascua, que é un motor económico para o municipio, e nós organizámola con moita ilusión”, di o alcalde, Antonio Fernández // Padrón recupera as Festas de Pascua tras dous anos de parón obrigado pola pandemia cun programa que se desenvolverá ao longo de case todo o mes de abril e dirixido a todo tipo…
Anuncio de licitadores admitidos e excluídos e de realización do acto público de apertura dos sobres B denominados "Oferta económica" no procedemento convocado polo Concello de Padrón para a adxudicación das autorizacións do uso temporal do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais con motivo das Festas de Pascua 2022-2023.  O anuncio pode consultarse picando neste enlace. 
Repartirá medallas entre todas as persoas participantes, trofeos para os primeros clasificados e premios en metálico para os mellores clubes // A saída tomarase de xeito gradual dende a Praza de Macías a partir das 10.45 horas // Contará con doce categorías para todas as idades e poden participar atletas federados ou non // A proba absoluta iniciarase ás 12.00 e cubrirá un circuíto de 13,3 quilómetros // A Carreira Popular de Pascua abre hoxe, e ata o 13 de abril, a inscrición para a súa 41 edición. A proba, na que competirán atletas de todas as idades,  desputarase o…
Páxina 47 de 82

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…