Novas recentes
O vindeiro 18 de xuño o Auditorio Municipal do Concello de Padrón acollerá a mostra ‘Museo en Camiño’, deseñada polo Museo de Pontevedra e o programa ‘O teu Xacobeo’ da Xunta de Galicia. O obxectivo desta exposición itinerante é dar a coñecer os fondos da institución museística de Pontevedra e afondar no espírito Xacobeo nos municipios do Camiño Portugués. Así, Padrón é un dos destinos desta mostra, que percorrerá entre os meses de abril, maio e xuño dez localidades -Tui, Ribadelouro, Redondela, Cesantes, Arcade, Barro, Caldas de Rei, Valga e Pontecesures-. A concelleira de Cultura, Lorena Couso, destacou “a oportunidade…
O Concello de Padrón retoma este verán a actividade de ximnasia de mantemento para as persoas usuarias da Aula Senior. As sesións terán lugar entre o 15 de xuño e o 30 de xullo, todos os luns e mércores de 09:00 a 10:00 horas no pavillón do Souto. Asemade, tamén se organizan Camiñatas Saudables os martes e venres dos meses de xuño e xullo con saída ás 09:00 horas dende o campo do Souto. As dúas actividades son gratuítas e o período para inscribirse ábrese o vindeiro luns 7 de xuño a través de ATEGAL Padrón no Centro Social do…
‘Vive Padrón’ é a nova campaña de promoción desenvolta polo departamento de Turismo do Concello de Padrón. Trátase dunha iniciativa que pretende impulsar o turismo e comercio local, ao mesmo tempo que se erixe coma unha proposta sostible. A través de ‘Vive Padrón’ todos os establecementos hostaleiros da vila que o soliciten recibiran manteis individuais en formato A3 cun orixinal deseño dun plano da localidade no que se resaltan os principais atractivos turísticos do municipio. Para recibir este deseño, os responsables dos distintos establecementos terán que enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. manifestando o seu interese. Santiaguiño do Monte, o…
A corporación local de Padrón deu hoxe a benvida a nova concelleira do Concello de Padrón, María del Carmen Bustelo Rial, que xurou o cargo nunha sesión plenaria extraordinaria. A nova concelleira asegura comezar esta etapa “con moita ilusión e con moitas ganas de afrontar novos retos en beneficio da cidadanía a que representa”. O rexedor de Padrón, Antonio Fernández Angueira, deseoulle “grandes éxitos no desenvolvemento da súa labor como concelleira do equipo de goberno, xa que os seus logros serán os de Padrón” e púxose a súa disposición para todo o que precise, especialmente, neste período inicial. Dende o…
A concellaría de Cultura do Concello de Padrón lanza un novidoso programa cultural para o público familiar ao aire libre e polos diferentes espazos rurais do municipio. Co obxectivo de volver gozar da cultura nunha contorna segura e de achegala a todas as comunidades de Padrón, o departamento que dirixe Lorena Couso presenta ‘A Cultura Rula X Padrón’. O programa comezará o vindeiro venres 4 de xuño e contempla actividades para todos os sábados do mes de xuño e para case todos os venres deste mes. Todos os espectáculos terán lugar ás 20:00 horas e desenvolveranse en A Ponte, Pazos,…
O Concello de Padrón e a Universidade de Santiago de Compostela van poñer en marcha unha nova edición de “Camiños de coñecemento e experiencia, proxecto de democratización do coñecemento”, un programa gratuíto de formación universitaria dirixida á veciñanza maior de 50 anos. O prazo para realizar a inscrición está aberto dende hoxe e pode realizarse no Centro Social, no Campo do Souto,2, en horario de 09:00 a 14:00 horas. Esta iniciativa, froito dun convenio asinado entre ambas institucións, forma parte do Programa Universitario de Maiores, ‘IV Ciclo’ e inclúe tres seminarios teóricos, dúas sesións prácticas e unha visita, que terán…
O mercado de Padrón retoma a súa actividade co 50% dos postos, co mesmo sistema que promove a alternancia cada fin de semana. A distancia mínima que deben manter os puntos de venda debe ser de 1,5 metros, se ben todos aqueles que instalen unha mampara de metracrilato, plástico, tela ou lona para evitar o contacto, poderán acortar esta distancia. O mercado estará vixiado polos equipos de Polícia Local, por persoal dunha empresa de vixilancia contratada polo Concello, o GES e Protección Civil. Así mesmo, nos momentos previos e posteriores ao mercado un equipo de limpeza procederá á desinfección profunda…
A concellaría de Turismo editou material turístico sobre o ‘Padrón Xacobeo’ para difundir nos distintos espazos de información turística locais e da comunidade. O obxectivo é poñer en valor o patrimonio cultural, natural e humano en relación co Camiño de Santiago e a súa vinculación con Padrón. En total vanse poñer en circulación 24.500 unidades. A través deste documento informativo poderase afondar na historia que describe a chegada do corpo do Apóstolo Santiago a Galicia e o traslado dos seus restos. Do mesmo xeito, o folleto recollerá toda a información relacionada co patrimonio cultural, material e inmaterial do municipio relacionado…
O Concello de Padrón e a Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO) formalizaron hoxe o seu convenio de colaboración, mediante o que se asentan as bases para o desenvolvemento de programas de atención, formación e difusión de sistemas de protección de menores e de acollemento familiar. Este compromiso de colaboración implica a realización de actividades conxuntas para a difusión, así como a creación de ferramentas de protección para as familias acolledoras. Deste xeito, no marco deste convenio o Executivo local axudarán ás unidades familiares de acollemento na realización de xestións e trámites para que os pequenos poidan ir aos…
O Concello de Padrón vén de fallar o VII Certame poético Rosalía de Castro a favor de Rafael Xesús Vilar González pola súa obra ‘O sal dos días’. O xurado valorou a estrutura, a coherencia temática, o simbolismo do territorio. “É un poemario lingüístico moi coidado. Ten vocación de conxunto”, destacan na acta de resolución . O xurado estaba integrado polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, como presidente, Lorena Couso, concelleira de Cultura; Anxo Angueira Viturro, profesor do departamento de filoloxía galega e latina da Universidade de Vigo e presidente da Fundación Rosalía de Castro; Manuel Lorenzo Baleirón, mestre…