Novas recentes
Dende a organización destacaron o alto nivel dos cabalos procedentes de toda Galicia que participaron nos concursos || Numeroso público no concerto que a Banda de Música de Padrón ofreceu na praza de Macías || O pasarrúas do grupo folclórico San Pedro de Carcacía e dos xigantes e cabezudos sorprendeu a moitos turistas e padroneses || A Feira cabalar de Pascua, unha das tradicións máis arraigadas das festas de Padrón, xuntou hoxe no campo da Barca a exemplares procedentes das catro provincias galegas e a milleiros de afeccionados, que encheron tanto a zona reservada a feira como a praza na…
‘Petroleo’ felicitou ao Concello polo recente recoñecemento como Festas de Interese Turístico de Galicia para as festas e pediu o seu recoñecemento internacional || Loubou ás xentes de Padrón e aos seus manxares máis exquisitos, como os pementos de Herbón e a lamprea || Grande ambiente durante toda a xornada nas rúas da vila, coas prazas a reventar durante os concertos das orquestas Players, Unión y Fuerza e París de Noia || Hoxe, día grande da Pascua coa Feira Cabalar, espectáculo de recortadores, Charleston Big Band e as Tanxugueiras || O actor e premio Goya Luis Zahera deulle onte…
A proba contou con 350 participantes nas categorías escolares e 200 na proba absoluta || Mercedes Blanco e Roberto Agrelo foron os primeiros atletas locais en cruzar a meta || Grande ambiente nas rúas do casco histórico durante a celebración das probas escolares || Por equipos gañaron o Club Atletismo Sar e o Club Deportivo Pinarium || Vanesa Blanco Rey e Pablo Carnero Rodríguez foron os gañadores da categoría absoluta na Carreira Popular de Padrón que celebrou esta mañá a súa 41 edición coincidindo coas festas de Pascua. Por equipos, subiron ao podio o Club Atletismo…
Ofrecerá información e asesoramento a todas as persoas que acudan ás festas // O servizo contará con material de sensibilización e persoal para atender a quen o solicite // O Concello de Padrón disporá nas Festas da Pascua dun Punto Lila destinado a loitar contra as agresións sexistas nos contextos de ocio nocturno. A iniciativa, que xa se puxera en marcha en celebracións anteriores á pandemia coma a propia Pascua de 2019 ou a Festa do Pemento dese mesmo ano, quere ser un referente para a sensibilización fronte á violencia machista, ofrecerá información e prestará asesoramento a todas as persoas…
Con estes primeiros galardóns, a entidade recoñece a colaboración de institucións e persoas na celebración dos actos da Semana Santa || Antonio Fernández Angueira e concelleiros da Corporación participaron por primeira vez na procesión das Virxe das Dores || O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e membros da Corporación participaron onte por primeira vez na procesión da Virxe das Dores, despois de recoller unha das Medallas de Honra coa que a Confraría das Dores recoñece a colaboración que o Concello ven mantendo coa entidade na organización e celebración solemne dos diversos actos do setenario. Estes…
O Consello da Xunta aprobou a declaración esta mañá atendendo á súa antigüidade, ao seu arraigamento popular ou ás múltiples actividades que oferta // O alcalde, Antonio Fernández, amósase convencido de que o recoñecemento potenciará o turismo e a economía do municipio // As Festas de Pascua son xa Festa de Interese Turístico de Galicia logo de que o Consello da Xunta, reunido esta mañá, aprobase a solicitude realizada polo Concello de Padrón, apoiada tamén a mediados do pasado mes de marzo polo Consello de Turismo. O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, expresou a súa satisfacción ante a nova. Sinalou…
O alcalde presidiu esta mañá a reunión da Xunta Local encargada da coordinación// O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade na que se coordinou o dispositivo especial que operará durante as Festas da Pascua. Participaron na xuntanza representantes da Delegación do Goberno en Galicia, do Grupo de Emerxencias Padrón-Rois-Dodro, e membros da Policía Nacional, da Policía Local e da Garda Civil. Os alcaldes de Rois, Ramón Tojo, e de Dodro, Xabier Castro, asistiron tamén como convidados, por causa da repercusión que a celebración ten en toda a comarca do Sar. A Xunta…
Faise público un novo anuncio de aceptación de renuncias e adxudicación ás seguintes licitadoras admitidas no procedemento convocado para a adxudicación das autorizacións que permiten o uso das parcelas con motivos das Festas da Pascua 2022-2023. O anuncio pódese consultar picando neste enlace.
Anuncio de aceptación de renuncias e adxudicacións ás seguintes licitadoras admitidas no procedemento convcoado para a adxudicación das autorizacións que permiten o uso temporal do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais con motivo das Festas de Pascua nos anos 2022 e 2023. O anuncio pode consultarse picando neste enlace.
Convida á veciñanza a sumarse á campaña de sensibilización facéndose unha foto e subíndoa ás redes sociais // O Concello de Padrón conmemora o Día Mundial do Autismo sumándose un ano máis á campaña Ilumina de Azul, que convida a tinguir de azul edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo para visibilizar como mostra de apoio e solidariedade co colectivo de persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e coas súas familias. A Casa do Concello, o edificio de Servizos Sociais, a estatua de Rosalía de Castro no Espolón, A Pementeira e A Semilleira serán os monumentos que se…
Galego
Español



