Novas recentes

O Concello de Padrón e a Asociación Hostalería de Padrón organizan, en colaboración coa Asociación de Fans de Lego de Galicia, unha exposición de modelos construídos exclusivamente con figuras de Lego. A mostra componse da representación dunha cidade construída con pezas Lego e a reprodución de  naves e personaxes icónicos de Star Wars. A exposición inaugurarase o domingo 13 de decembro e poderase visitar no edificio da Sociedade Cultural Padronesa todos os días ata o 20 deste mes en horario de tarde, entre as 16:00 e as 20:00 horas. Asemade o domingo 20 de decembro terá lugar un concurso de…
O Concello de Padrón presenta a programación de Nadal, con numerosas actividades de ocio e cultura organizadas en base as medidas de seguridade e hixiénico-sanitarias recomendadas pola autoridades sanitarias pola pandemia da Covid-19 . O pistoletazo de saída chegará da man de Grupo Talía Teatro coa representación da peza teatral ‘Lambetadas’ para público infantil e familiar o venres 4 de decembro ás 18:00 horas. Na mesma xornada, ás 20:00 horas na praza de Macías terá lugar o alumeado de Nadal. O mércores día 9 inaugurarase o mercado de Nadal cos seus tradicionais postos de venda e, nesta ocasión se as…
O Concello de Padrón elaborou unha nova Revista Municipal coa que estar máis preto da cidadanía para que a información de interese local chegue a todos e a todas.   Descarga aquí a primeira edición deste mes de decembro, no que poderas consultar toda a programación do Nadal. 
O Executivo local do Concello de Padrón someteu a votación en sesión plenaria o proxecto inicial da Relación de Postos de Traballo municipal e a proposta saíu adiante cos votos a favor do Partido Popular, a abstención dos concelleiros do PSOE e de Compromiso por Galicia e o voto en contra da edila do BNG . Os responsables da redacción deste proxecto mantiveron unha negociación cos sindicatos dos traballadores municipais a través da convocatoria de cinco encontros, se ben continuarán mantendo un contacto fluído nos vindeiros meses.  A relación de postos de traballo deseñada recibiu o informe favorable tanto do…
O Executivo do Concello de Padrón, liderado por Antonio Fernández Angueira, presentou en sesión plenaria unha proposta de acordo para modificar a ordenanza municipal que regula a prestación do servizo público da escola infantil co obxectivo de instaurar a gratuidade de atención educativa de 0 a 3 anos a partir do segundo fillo ou filla, sempre que o primeiro non supere os 18 anos de idade. Asemade, o equipo de goberno padrones propón que as familias de acollida con medida de tutela ou garda teñan unha exención total da cota de atención educativa. A votación foi favorable para esta proposta…
A concellaría de Igualdade do Concello de Padrón deseña unha completa programación co motivo do Día Internacional En Contra da Violencia de Xénero, que se celebra o vindeiro 25 de novembro. Sole Felloza encargarase do contacontos infantil ‘Estrelas’ para escolas unitarias e CEIPS ás 11:30 e ás 19:00 horas a través do perfil de Facebook do Concello de Padrón. Ás 19:00 horas no Auditorio Municipal procederase á lectura do manifestó institucional. A asistencia é gratuíta, se ben hai que retirar previamente a entrada no Centro Social. Posteriormente, tras a lectura deste manifesto terá lugar o concerto ‘Mulleres libres, sempre’ de…
Por primeira vez o Concello de Padrón ofertou clases do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, cursos que a organización ofrece para persoas maiores de 50 anos. En total participaron 20 alumnos e alumnas, que asistiron aos seminarios teórico e prácticos do programa ‘Camiños de coñecemento e experiencia’. A partir dun convenio de colaboración que asinaron a Universidade de Santiago e o Concello de Padrón as persoas maiores de 50 anos puideron desfrutar gratuitamente en Padrón de seminarios nos que se abordou o mediambente, a relixiosidade da Idade Moderna e arte e música.  Os seminarios deste ciclo ían…
O  concellaría de Turismo do Concello de Padrón recompila e analiza todos os datos da enquisa realizada online no marco do Plan de Reactivación do Turismo e do Comercio elaborado por este departamento. Os resultados da fase de consulta mostran que tanto a comunidade local coma os axentes implicados apostan por un modelo de turismo sostible. As propostas trasladadas a través desta enquisa reflexan que a cidadanía quere que dende o Executivo local se traballe en iniciativas para consolidar Padrón coma un destino verde e sostible no que as actividades ao aire libre e en contacto coa natureza teñan especial…
A concelleira de Servizos Sociais, Ana Luezas, mantivo esta mañá unha reunión coa presidenta da Asociación ACOUGO, Carmen Dourado, para adoptar un compromiso de colaboración para apoiar ás familias que  participan no programa de acollemento familiar.  Na actualidade no Concello de Padrón hai tres familias acolledoras -dúas con acollementos activos e unha en proceso-. En toda Galicia hai en total 329 familias acolledoras e 1.300 nenos e nenas en centros de acollida. Segundo ACOUGO o dato das familias acolledoras podería incrementarse se dende as administracións locais se desen facilidades. Así, a raíz do compromiso adquirido hoxe o Concello axudará a…
Os nenos e nenas de sexto de primaria do CEIP Flavia do Concello de Padrón recibiron esta mañá unha charla de sensibilización por parte do equipo de Xestión Ética do Abandono (XEA), a empresa responsable de todos os animais que son abandoados neste municipio. As mensaxes que buscaban transmitir  nestas sesións aos escolares poñen o foco, por unha banda, en que non se deben mercar mascotas, senos adoptar e, por outra banda, que os animais non son xoguetes, e se queres ter un debes estar moi seguro e saber que esixen que se lles adique tempo”. Actualmente o Concello de…
Páxina 52 de 72

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…