Novas recentes

O Concello recoñeu a traxectoria profesional e o compromiso persoal pola Igualdade de María Calvo, Silvia Carnero, Lydia Angueira, Loli Quintáns, Sabela Ramos, Begoña Suárez, Ana Fernández e o grupo de palistas formado por Ainara Rodríguez, Sabela Duro, María Villaverde, Uxía Álvarez e Candela Romero  ||   A exposición de rúa coas imaxes da homenaxeadas permanece nas rúas entre a praza da Igualdade e o casco histórico de Padrón  ||   O auditorio municipal acolleu a representación da obra de teatro ‘Invisibles’ e o acto institucional coa lectura dun comunicado por parte da concelleira de Igualdade e muller Mariló Saco  ||  …
O prazo para poder participar como expositor remata o luns 18 de marzo // A feira inclúe diferentes talleres e actividades divulgativas totalmente de balde // A entrada é libre e gratuíta //   O Convento do Carme acolle os vindeiros días 23 e 24 de marzo a octava edición da Exposición da camelia e do bonsái. A expofeira organizada polo Concello de Padrón, na que participan numerosos expositores procedentes de todo o país, conta cunha ampla programación de actividades divulgativas. A entrada é libre e gratuíta. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o vindeiro luns 18 de…
O xurado, presidido polo alcalde, destaca a capacidade do galardoado para innovar e construír novas linguaxes teatrais // Valora tamén a súa dilatada traxectoria como actor no teatro de obxectos e físico // Fíxase no seu traballo en ‘O deus do pop’, obra individual que tamén escribiu e dirixe // O actor compostelán Diego Anido converteuse hoxe no gañador da 23ª edición do Premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva que outorga o Concello de Padrón. O xurado, presidido polo alcalde de Padrón, Anxo Arca, quixo recoñecer así a dilatada traxectoria do galardoado en distintas facetas do eido teatral, así como…
O Concello de Padrón lanza a convocatoria para a edición número 34 do Premio Literario Camilo José Cela, dotado con 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa para a obra gañadora. O certame, un dos máis consolidados de todo o Estado e que cada ano conta con maior número de exemplares presentados, tivo como último vencedor ao escritor bilbaíno Iñaki Túrnez pola súa obra ‘Divina Apostasía’. As persoas que desexen participar neste 2024 deben enviar obras orixinais e inéditas dunha extensión entre os 12 e os 25 folios, escritas en galego ou en castelán. O prazo de entrega finaliza o 15…
Concello e CIM resaltan o compromiso das protagonistas pola igualdade dende diferentes eidos profesionais As homenaxeadas son María Calvo, Silvia Carnero, Lydia Angueira, Loli Quintáns, Sabela Ramos, Begoña Suárez, Ana Fernández e o grupo de palistas formado por Ainara Rodríguez, Sabela Duro, María Villaverde, Uxía Álvarez e Candela Romero O amplo programa inclúe a obra de teatro ‘Invisibles’, obradoiros de empoderamento e un mercado de artesanía ‘Voces delas’, que se celebrará o día 23   O Concello de Padrón e o Centro de Información á Muller Terras de Iria (CIM) celebran o 8M coa inauguración da mostra Rumorosas 2024. A…
A saída tomarase de xeito gradual dende a Praza de Macías a partir das 10.30 horas  A proba absoluta iniciarase ás 12.00 cun percorrido de 13,3 quilómetros  O prazo de inscrición péchase o mércores 27 de marzo A Carreira Popular de Pascua abre hoxe, e ata o mércores 27 de marzo, a inscrición da súa 43 edición. A proba disputarase o sábado 30 de marzo a partir das 10.30 horas coa participación de atletas de todas as idades sexan ou non federados. Repartiranse medallas entre todas as persoas participantes, ademais de trofeos para os primeiros clasificados e premios en metálico…
Os instrumentos de percusión en Galicia, o idadismo ou a olería galega centran os seminarios e sesións prácticas O programa desenvolverase entre o 22 de abril e o 3 de maio O programa da USC Camiños de coñecemento e experiencia regresa en abril ao Concello de Padrón para ofrecerlles formación universitaria ás persoas maiores de 50 anos. Esta iniciativa inclúe tres seminarios teóricos e dúas sesións prácticas, que se desenvolverán entre o 22 de abril e o 3 de maio, de catro e media a seis da tarde. A matrícula é gratuíta e pode realizarse no Centro Social en horario…
A tradicional ofrenda de flores na estatua do paseo do Espolón abriu os actos oficiais do Día de Rosalía  O alcalde de Padrón, Anxo Arca; o alcalde de Rois, Ramón Tojo; o tenente de alcalde de Dodro, Ramón Abuín; e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, participaron na convocatoria Alumnos dos IES Camilo José Cela e Macías o Namorado recitaron poemas da escritora “Rosalía une xeracións e une tamén a persoas de diferente ideoloxía”, insistiu Anxo Arca ao tempo que recomendou “visitar o museo de Rosalía para descubrir un futuro en feminino”   A tradicional ofrenda de…
O Concello de Padrón recibirá unha subvención de 10.000 euros da Deputación da Coruña para o mantemento de persoal técnico en animación sociocultural durante o ano 2024. O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou o mércores 21 de febreiro de 2024 a resolución definitiva pola cal se concede este importe ao Concello de Padrón ao abeiro do Programa FO206: Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2024. A resolución do BOP pode consultarse nesta ligazón.
A partir das 10.00 horas desenvolverase o acto institucional cunha ofrenda floral ante a estatua da escritora no Espolón Bares e restaurantes ofrecerán o Caldo de Gloria e acollerán pequenas representacións a cargo dos Quinquilláns O pasarrúa e o desfile de cabezudos suspendeuse por mor do temporal O concerto de Faia pechará os actos na Casa de Rosalía O Concello de Padrón renderá homenaxe mañá venres, día 23, a Rosalía de Castro coincidindo co 187 aniversario do seu nacemento. Dende o pasado 10 de febreiro o goberno municipal está a desenvolver un amplo programa de actividades dirixido a toda a…
Páxina 18 de 75

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…