Novas recentes
Hoxe celebraron o último acto conxunto da presente lexislatura || Antonio Fernández Angueira agradece o traballo dos concelleiros que non se presentan ás vindeiras eleccións municipais || Sánchez Bugallo destaca o crecemento do tecido industrial de Padrón que xera dinamismo e melloras para a toda a comarca || Os membros das corporacións padronesa e compostelá foron recibidos polas bandas de ambos municipios || Padrón e Santiago volveron renovar o acto de irmandade durante o día que as Festas de Pascua lle dedican á capital de Galicia. Os dous alcaldes reiteraron o compromiso de seguir colaborando conxuntamente…
O campo da Barca estivo toda a mañá ateigado de xente para participar na feira || Oitenta exemplares de toda a comunidade competiron nos concursos morfolóxicos organizados polo Concello e Puraga || O concerto da Banda Municipal de Música na praza de Macías foi seguido por centos de veciños e visitantes || O desfile dos xigantes e cabezudos acompañados polo grupo folclórico San Pedro de Carcacía animaron as rúas dos casco antigo || A feira de maquinaria agrícola tamén contou con numerosos visitantes || Padrón volveuse converter este Domingo de Pascua no centro…
O actor e humorista loubou unha das festas máis tradicionais de Galicia e lembrou anécdotas que o vinculan coa capital do Sar || Despois dos pregón comezaron dous dos concertos máis esperados este ano e que encheron as rúas de xente: Dorian e Álvaro de Luna || O grupo local Unión y Fuerza estreou na súa terra o novo escenario nunha verbena tamén moi concorrida || A feira cabalar e os concursos morfolóxicos serán mañá outro dos pratos fortes || Padrón deu onte o pistoletazo de saída a semana grande das súas Festas de Pascua…
Mercedes Blanco e Roberto Agrelo foron os mellores atletas locais e Jesús Bernal, con 75 anos, o de máis idade || Máis de 350 menores participaron nas categorías escolares, as que congregaron máis público nas rúas do casco antigo || Martina López Gestal e Manuel Lorenzo López foron os gañadores absolutos da 42ª Carreira Popular de Pascua coa que Padrón comeza un dos días grandes das Festas de Pascua. A edición desta ano desta proba popular volveu estar mói concorrida, con máis de 580 atletas participando nas diferentes categorías, dos que 350 competiron nas probas escolares.…
As actuacións de Dorian e de Álvaro de Luna e verbenas coas orquestras Panorama, Olympus e París inclúense nun completo programa musical para todas as idades // Ás competicións de xadrez, tenis, fútbol, chave e ximnasia rítmica únense á Carreira Popular, á Clásica ciclista e á velada de boxeo // O alcalde, Antonio Fernández, confía en que as festas satisfagan a todos os públicos e destaca o obxectivo de superación no segundo ano como Festa de Interese Turístico de Galicia // Coa totalidade das parcelas ocupadas, a apertura das atraccións e dos postos de feira no Espolón e no Campo…
O pase celebrouse no Convento do Carmen e foi seguido por numeroso público || Lorena Couso: “Con esta iniciativa queremos potenciar o comercio local e amosar que temos moito que ofrecer no eido da moda” O desfile Padrón está de moda, organizado polo Concello, foi todo un éxito de participación e de público. Así o manifestou a concelleira de Turismo e Comercio, Lorena Couso, quen destaca que con esta iniciativa “queremos potenciar o comercio local e amosar que Padrón ten moito que ofrecer no eido da moda”. O desfile celebrouse nas instalacións do Convento do Carmen, coincidindo coa VII…
O alcalde, Antonio Fernández Angueira: “É a mellor forma de renderlle unha homenaxe a un dos mellores embaixadores que ten o noso pobo” || Alfonso Rueda: “É unha homenaxe a unha persoa orgullosa das súas raíces e que sempre presume de ser galego” || Emocionado, o xornalista lembra cando xogaba de pequeno nesta praza e a toda a súa familia || Ao acto asisten centos de veciños e familiares do homenaxeado || O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, inauguraron hoxe a praza que o Concello lle dedica a Pepe…
Incluirá concursos de poldros, eguas e sementais de Pura Raza Española, Pura Raza Árabe, Pura Raza Galega e cruzados Carmina Bustelo: “É unha das citas imprescindibles das festas, porque a afección polos cabalos está moi arraigada no municipio” O Concello de Padrón volve apostar pola tradicional Feira Cabalar como un dos pratos fortes das Festa de Pascua 2023. O domingo 9 de abril, no Campo da Barca, daranse cita milleiros de afeccionados e criadores de cabalos para participar nos concursos morfolóxicos que se desenvolverán durante todo o día. “É unha das citas imprescindibles da Pascua, que cada ano congrega…
O Concello de Padrón convoca a 33 edición do Premio Literario Camilo José Cela. Creado no ano 1989 para homenaxear "a figura humana e literaria do egrexixo escritor", trátase dun dos certames máis consolidados do panorama das letras nacionais e conta cunha dotación de 1.500 euros para a obra gañadora. As persoas que desexen participar deben enviar obras orixinais e inéditas dunha extensión entre os 12 e os 25 folios, escritas en galego ou en castelán. O prazo de entrega finaliza o 17 de xullo de 2023. Enlace ás bases da convocatoria.
A feira desenvolverase a fin de semana do 25 e o 26 de marzo no convento do Carme e todas as actividades son gratuítas // Haberá un concerto solidario en favor de Art for Dent, asociación galega da enfermidade de Dent // A concelleira Lorena Couso lembra que o certame se une ás xornadas gastronómicas da lamprea // Obradoiros, actuacións musicais e ata un desfile de moda, ademais da feira e o concurso de camelias, serán algunhas das actividades que se poderán desfrutar en Padrón na última fin de semana de marzo coincidindo coa celebración da VII Exposición da camelia…