Novas recentes

As festas do Apóstolo celebraron este martes o tradicional Día de Padrón en Santiago, no que as dúas vilas reforzan os seus fortes lazos de irmandade. Así sucede tamén, á inversa, na Pascua padronesa, se ben este ano non se puido realizar este encontro por coincidir co confinamento e o estado de alarma. A Corporación compostelá recibiu a súa homónima padronesa diante dos soportais do Pazo de Raxoi, onde se produciu o intercambio de bastóns de mando entre os dous rexedores e os saúdos protocolarios. Despois, os/as representantes municipais de ambos os dous concellos dirixíronse ao salón vermello da Casa…
O Xardín Botánico-Artístico de Padrón vén de estrear sitio web, aloxada na páxina de Turismo de Padrón: https://xardinbotanico.padronturismo.gal/. Unha iniciativa posta en marcha pola Concellaría de Turismo que dirixe Lorena Couso “para promover e poñer en valor, máis se cabe, este tesouro natural do noso municipio, declarado Ben de Interese Cultural no ano 1946 e que está considerado un dos primeiros xardíns de España”. Ademais de descargar o plano dos xardíns ou mesmo facer a reserva para as visitas guiadas, a nova web inclúe información novidosa como as fichas do catálogo de especies presentes do xardín ou unidades didácticas tanto…
A escritora Guadalupe Gómez Arto, natural de Curtis (A Coruña), é a gañadora do sexto certame poético Rosalía de Castro 2020, que foi concedido hoxe xoves 16 de xullo. O xurado, presidido polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, reuniuse no salón de plenos da casa consistorial e acordou por maioría premiar a obra “No encanto do aire”, presentado baixo o lema “Gong” por Guadalupe Gómez Arto, a quen se notificara esta distinción nas próximas horas. O xurado valorou que “No encanto do aire” é “un poemario que, partindo das rúas de Compostela percorre o país con mirada silenciosa, por…
O Concello de Padrón deseñou un programa de actividades para o mes de xullo tendo en conta todas as normas da nova normalidade para garantir, ante todo, a seguridade da cidadanía. A Concelleira de Cultura explicou que “dende o Goberno local estamos buscando as mellores opcións de ocio para a veciñanza de Padrón, pero sempre priorizando a súa seguridade ante todo. Trátase dunha situación inédita, e hai que extremar as precaucións”. O venres 17 de xullo a actividade ‘Astronomía nas Rutas Xacobeas’ dará o pistoletazo de saída á extensa programación deseñada. Esta actividade, na que tamén están implicados Xunta de…
O Concello de Padrón aprobou esta mañá en sesión plenaria o orzamento do 2020 con importantes partidas para os Servizos Sociais, o que o converten no presuposto máis social da historia da vila. O orzamento de 8.054.888,35 euros  saíu adiante cos votos a favor do Grupo Popular, ca abstención do PSOE e de Compromiso por Padrón, e co voto en contra da edila do BNG. Os fondos destinados á asistencia de persoas dependentes incrementouse en máis dun 50% respecto ao último exercicio, no que tamén se tiña aumentado. Este ano destinaranse 22.000 euros máis que en 2019, polo que en…
O Concello de Padrón publica unha enquisa a través das redes sociais para coñecer a opinión de todos e todas os residentes de Padrón respecto á folla de ruta que deben seguir para a dinamización económica da vila e do sector turístico. Lorena Couso destacou “a importancia de coñecer as impresións e propostas de toda a veciñanza para articular este Plan, que dende o primeiro momento concibimos como un proxecto vivo”. Do mesmo xeito, nas vindeiras semanas convocase aos representantes de distintas asociacións, aos líderes de opinión e expertos dos eidos comercial e turístico para seguir facendo unha ronda de…
Coa chegada das altas temperaturas, a piscina municipal da Escravitude en Padrón volve abrir as súas portas para inaugurar a tempada de verán o mércores 1 de xullo. As instalacións permanecerán abertas ao público ata as primeiras semanas do mes de setembro en horario de 14:00 a 21:00 horas, de luns a domingo. Se ben, os martes entre as 11:30 e as 13:30 horas a piscina estará reservada para os nenos e nenas de Padrón que sexan usuarios e participen no Campus deportivo estival. A piscina exterior de Padrón abre ao 75% da súa capacidade, para respetar o protocolo de…
A Escola de Música Municipal de Padrón abre o mércores 1 de xullo o prazo de matricula para o vindeiro curso. Podese solicitar praza para as distintas especilidades antes do 15 de xullo, no edificio do Concello, de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.
Un total de 76 persoas presentaron unha declaración responsable para facer unha cacharela no seu domicilio privado e celebrar a noite de San Xoán no Concello de Padrón. Este ano esta festa tan arraigada na tradición de Galicia ten que plantexarse de xeito moi distinto ao habitual como consecuencia da situación xerada pola Covid-19. En base ao dictado polas autoridades sanitarias, non están permitidas as cacharelas en terreos de dominio público, e por iso a única opción é facer unha celebración privada. Se ben, todas as persoas que elixan esta opción e queiran tamén facer unha cacharela están obrigados a…
O mercado de Padrón retoma a súa actividade ao 60% aproximadamente na nova normalidade. Antes da pandemia global da Covid-19 o mercadillo de Padrón estaba composto por 550 postos, agora dadas as medidas de seguridade e hixiénico-sanitarias establecidas polas autoridades sanitarias para regular a nova normalidade, en total haberá preto de 350 postos, o que significa que o mercadillo retoma a súa actividade a máis do 60%. A distancia mínima que deben manter os puntos de venda debe ser de 1,5 metros, se ben todos aqueles que instalen unha mampara de metracrilato, plástico, tela ou lona para evitar o contacto,…
Páxina 56 de 72

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…