Novas recentes
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, mantivo hoxe no consistorio unha reunión de traballo coa secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, para coñecer de primeira man as diferentes liñas de apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria ás administracións locais. Neste encontro, Covadonga Toca adiantou que esta mesma semana sairán publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) dúas convocatorias de axudas nas que o Goberno autonómico investirá preto de 7 millóns de euros para a contratación de 1.420 desempregados nos concellos de Galicia. Por un lado, a consellería destinará 5,7 millóns de euros para a contratación de…
A Oficina Municipal de Turismo de Padrón rematou o exercicio de 2017 establecendo un novo récord na cifra anual de visitantes atendidos ao rexistrar un total de 51.832 persoas, o que supón un incremento dun 39,5% fronte aos 37.133 visitantes recibidos en 2016. Segundo o balance dos técnicos municipais de turismo, o 43,3% dos visitantes (22.404) achegáronse á oficina de forma individual, en parella, en familia ou con amigos -dos cales 10.005 foron peregrinos-, mentres que o 56,7% restante (29.428) correspondeu a grupos máis numerosos que foron atendidos desde a oficina. As estatísticas revelan que o 88% das 51.832…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e os seus homólogos de Rois e Dodro, Ramón Tojo e Valentín Alfonsín, acompañaron esta mañá ao director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, na visita á base da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Padrón (AVPC) e do Grupo de Emerxencias Municipal (GES), que no último ano realizou un total de 1.302 intervencións. Desta cantidade de servizos, un total de 817 realizáronse no Concello de Padrón, 314 en Rois e 159 en Dodro, repartíndose os demais en saídas puntuais a municipios como Pontecesures, Teo, Boiro, Rianxo, Lousame e Negreira.…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Cultura, Lorena Couso, acompañaron esta tarde ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, na visita realizada á Casa-Museo de Rosalía de Castro para supervisar as obras de rehabilitación nas que o departamento autonómico está a investir 120.000 euros. Estes traballos, que comezaron a executarse a mediados de novembro froito dun convenio asinado co presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, inclúen a rehabilitación xeral da envolvente completa dos edificios anexos na traseira da casa. Concretamente, consisten no reacondicionamento da envolvente exterior, incluídas as cubertas…
O escritor pacense Miguel Ángel Carmona del Barco (Badajoz, 1979) foi elixido hoxe gañador do XXVIII Concurso de Narrativa Camilo José Cela convocado polo Concello de Padrón polo seu relato "Sin Cicerone", presentado baixo o lema "Mandelbrot". Tal e como recollen as bases do certame, o autor estremeño recibirá como gañador 1.500 euros en metálico e unha estatuiña de Camilo José Cela. Despois de varias valoracións e votacións por parte do xurado, que se reuniu este mediodía no salón de plenos do consistorio padronés, o relato de Miguel Ángel Carmona del Barco foi elixido gañador "por maioría" tras avaliar…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o concelleiro de Emerxencias, Ángel Rodríguez Conde, recolleron hoxe en Riveira un equipo de excarceración para ser utilizado polo Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) que dá servizo tamén aos concellos de Dodro e Rois. Á entrega deste equipamento de emerxencias asistiron por parte da Xunta de Galicia o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o delegado territorial na provincia da Coruña, Ovidio Fernández Rodeiro, que tamén aportaron remolques de emerxencias e outro material a outros oito concellos da provincia. O equipo de excarceración recibido polo Concello de Padrón…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, o director de Filatelia de Correos, Modesto Fraguas Herrera, e a subdirectora da Fundación Camilo José Cela, Covadonga Rodríguez, presentaron hoxe no Auditorio Municipal un selo adicado á lembranza do centenario do nacemento (1916 - 2016) do Premio Nobel padronés. Na súa intervención, o rexedor local agradeceulle a Correos a emisión deste selo centrado en Camilo José Cela porque contribúe a "ensalzar e proxectar aínda máis o recordo dun escritor irrepetible e os seus vínculos con esta terra". Na súa opinión, esta acción "axudará tamén a que a xente se achegue ata…
Con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, os concellos de Padrón, Rois e Dodro unimos a nosa voz, en representación de toda a cidadanía, para amosar unha vez máis a nosa repulsa por todas e cada unha das manifestacións da violencia machista. A pesares dos avances acadados entre todos nesta loita común, na sociedade actual aínda se seguen a vulnerar todos os días os dereitos fundamentais das mulleres, non só cos covardes asasinatos que vemos a cotío nos medios de comunicación senón tamén a través doutros moitos detalles de menor impacto que,…
A concelleira de Turismo de Padrón, Lorena Couso, anuncia que técnicos do Departamento de Turismo participarán no II Fórum do Camiño de Santiago "Fairway", que se celebra desde mañá ata o martes no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago, para promocionar o Camiño Santiago-Padrón. A copla popular "Quen vai a Santiago e non vai a Padrón, ou fai romaría ou non" é un dos lemas empregados por Turismo de Padrón nos novos folletos promocionais deste itinerario que pretende reforzar o protagonismo da capital do Sar como "berce do Xacobeo". Este material promocional lembra que desde a Idade Media…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, anunciou hoxe nun acto organizado na Casa dos Capeláns con motivo da finalización das obras de rehabilitación que o uso deste inmoble que forma parte do conxunto histórico da Colexiata de Iria Flavia será "cultural e turístico" e avanzou a súa intención de implicar á Consellería de Cultura para dotalo de contido. Fernández Angueira puxo a restauración da Casa dos Capeláns como "exemplo dunha xestión política transversal ao longo do tempo e dunha fructífera colaboración entre entidades e institucións públicas". Por unha banda, o Arcebispado de Santiago contribuíu a facer posible a…