Novas recentes
As Festas da Pascua inclúen preto dun cento de actividades durante 18 días
A actriz de orixe padronesa Cristina Castaño será a encargada de ler o pregón o día 31 de marzo, sábado de Pascua, ás 21.00 horas na Praza de Macías No eido musical destacan o Festival Pop Tour do 31 de marzo, con músicos de grupos como Siniestro Total, Inhumanos, El Norte e Guaraná; o concerto de Astarot o luns 2 de abril; e a actuación de Eladio y los Seres Queridos e a Noite Dj Indie, o 6 de abril A Feira Cabalar, a Exposición de Maquinaria Agrícola e Industrial e os Días de Santiago e de Rianxo, outras das…
Padrón irmandarase con localidades europeas para impulsar a aprendizaxe intercultural entre a mocidade
O Concello de Padrón, xunto cos de Santa Comba e A Baña, contará co apoio da Xunta de Galicia para irmandarse con localidades europeas ao abeiro do programa "Europa cos Cidadáns" para desenvolver proxectos e accións dirixidas á mocidade. Así quedou de manifesto na reunión que mantivo hoxe en San Caetano o rexedor local, Antonio Fernández Angueira, coa directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e con representantes dos outros dous concellos. A responsable autonómica de Xuventude destacou que esta iniciativa europea redundará en beneficio da xente nova, xa que “ábrense máis posibilidades para levar a cabo…
O Concello de Padrón deulle o visto bo ao proxecto presentado pola Asociación Cultural Villa Petroni para levar a cabo unha prospección arqueolóxica na zona da Barca, no barrio da Trabanca, onde a tradición xacobea situaría unha rocha de grandes dimensións na que se tería depositado o corpo sen vida do Apóstolo Santiago á súa chegada a Padrón, procedente de Haffa (Palestina). O obxectivo desta intervención arqueolóxica é realizar unha análise do subsolo no antiguo meandro do río Sar ao seu paso pola Barca -empregando técnicas xeofísicas cun sistema xeorradar-, ao fin de tentar localizar dita rocha para, no…
A Fundación Pública Galega Camilo José Cela estrea nova museografía na sede de Iria Flavia
A Fundación Pública Galega Camilo José Cela reabriu hoxe o seu museo en Iria Flavia cun novo percorrido expositivo que foi inaugurado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, nun acto que contou tamén coa presenza do alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e doutras autoridades da bisbarra e da Xunta de Galicia. Esta nova museografía, que poderá visitarse de xeito gratuíto durante o presente mes de febreiro, avanza de forma cronolóxica na traxectoria do Nobel galego e incorpora tanto materiais da exposición "CJC. El centenario de un Nobel" como dos fondos do Museo ferrocarrileiro John…
Nove restaurantes ofrecen "menús lampreeiros" nas IV Xornadas Gastronómicas da Lamprea
A Concellería de Turismo de Padrón comezou hoxe a promocionar as "IV Xornadas Gastronómicas da Lamprea de Padrón", que nesta edición inclúen preto dunha decea de actividades culinarias e de lecer e que contan coa participación de nove restaurantes locais, que serán os encargados de preparar os "menús lampreeiros" nas fins de semana dos días 2, 3, 4 e 9, 10 e 11 de marzo. A concelleira de Turismo, Lorena Couso, avanzou que estas cuartas xornadas comezan xa neste mes de febreiro coa celebración de actividades divulgativas sobre a lamprea nos centros educativos de Padrón. Pero, sen dúbida, uns…
Arranca o programa integrado de emprego “Terras de Iria IV”, que acolle a 41 participantes de Padrón
O Auditorio de Padrón acolleu esta mañá o acto de apertura do programa integrado de emprego “Terras de Iria IV”, promovido polos concellos de Padrón, Dodro e Rois, que nesta cuarta edición acolle a 85 participantes -entre menores de 30 anos con ou sen cualificación, perceptores de prestación por desemprego e parados de longa duración e maiores de 45 anos-. O obxectivo é mellorar a ocupabilidade dos participantes no mesmo e incrementar as súas posibilidades de inserción laboral. Os destinatarios do programa, 47 homes e 38 mulleres, proceden dos tres concellos promotores: 41 de Padrón, 19 de Dodro e…
Eduardo Rodríguez Cunha, gañador do XVII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva
Os membros do xurado do XVII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, que convoca o Concello de Padrón e que ten unha dotación económica de 1.200 euros, unha estatuiña de Maruxa Villanueva e un diploma, acordaron hoxe concederlle este galardón a Eduardo Rodríguez Cunha "Tatán". Nesta edición, o xurado estivo conformado pola concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso, como presidenta; como vogais, a escritora e profesora da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia Inma López Silva; o actor e profesor da Universidade da Coruña Carlos Caetano Biscainho Fernandez; o dramaturgo, profesor da Escola Superior de Arte Dramático…
Festexos lembra que o prazo de pagamento dos postos autorizados da Pascua remata o venres
O concelleiro de Festexos de Padrón, Ángel Rodríguez Conde, lembra aos titulares das atraccións e instalacións feirais autorizadas para as Festas da Pascua que o prazo de pagamento da taxa pola utilización das parcelas adxudicadas no período 2017-2020 remata o vindeiro venres, tal e como recolle o anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o pasado día 23. Para efectuar o pagamento, os titulares das autorizacións deberán ingresar o importe correspondente na conta do Banco Sabadell IBAN: ES82 0081 2281 9500 0100 0309, facendo constar obrigatoriamente o nome do adxudicatario, o seu DNI ou CIF, a zona…
O Convento do Carme acollerá a "I Expo-Feira de Plantas de Colección" os días 17 e 18 de febreiro
O recinto do Convento do Carme acollerá os vindeiros días 17 e 18 de febreiro a celebración da I Expo-Feira de Plantas de Colección, promovida pola Concellería de Cultura e Turismo de Padrón para complementar a xa consolidada Exposición da Camelia e do Bonsái, que alcanza este ano a súa quinta edición. A concelleira Lorena Couso anticipou hoxe que a I Expo-Feira de Plantas de Colección é "un evento pioneiro e único en Galicia", que xa ten confirmada a participación de varios expositores desta rexión e tamén de Santander, do País Vasco, de Madrid, de Valencia, de Sevilla e…
O alcalde reúnese co director xeral de Carreteras para urxir a mellora da travesía da N-550
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, reuniuse esta semana no Ministerio de Fomento co director xeral de Carreteras, Jorge Urrecho Corrales, para urxir a execución do proxecto de mellora da travesía da estrada N-550, que comprende a avenida de Pontecesures desde a ponte sobre o río Ulla e a parte inicial da avenida de Compostela. Fernández Angueira, que aproveitou a súa viaxe a Madrid para presentar na Feira Internacional de Turismo (Fitur) a ruta "As pegadas de Rosalía", acudiu á reunión acompañado polo concelleiro de Obras, José Ramón Pardo, e pola deputada popular pola provincia da Coruña Marta…