Novas recentes
A concelleira de Cultura, Lorena Couso Dopazo, e o concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez Conde, presentaron hoxe a programación lúdica e cultural da Romaría do Santiaguiño do Monte, que incluirá máis de 30 actividades entre os días 18 e 25 de xullo. As actividades arrancarán o mércores 18 ás 22.00 horas cunha exhibición da escola de baile El Tomasón na Praza de Macías e rematarán o mércores 25 de xullo ás 22.00 horas cun concerto do grupo Los Tres Soles del Paraguay na zona do Espolón. Entre ambas datas haberá actuacións musicais de múltiples estilos con grupos como Mala…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Voluntariado, Lorena Couso, e a técnico da Oficina Municipal de Voluntariado, Pilar Lorenzo, presentaron esta mañá a programación especial de actividades coa que se celebrará o XX Aniversario da Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) de Padrón. O alcalde salientou que “Padrón é un concello comprometido co voluntariado" e subliñou que "debe sentirse moi orgulloso de celebrar este vixésimo aniversario da OMV, unha entidade que é un referente no ámbito do voluntariado pola súa dilatada traxectoria”. Ao longo destes 20 anos formaron parte deste proxecto máis…
As rúas de Padrón acollerán entre os días 6 e 8 de xullo a XIII Feira Medieval "Padrón, Berce do Xacobeo", que incluirá unha trintena de actividades lúdicas e de entretemento para tódolos públicos, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez Conde. A programación, coordinada pola empresa especializada Iacobus Medieval, arrancará o venres día 6 ás 18.00 horas coa apertura do tradicional mercado e rematará o domingo 8 ás 24.00 horas. Nesta edición, a organización planificou actividades orientadas tanto ao público adulto como ao infantil, entre as que figuran mostras de artesanía, obradoiros de oficios antigos (vidraría,…
O goberno local de Padrón aproveitou hoxe a reunión da Xunta de Goberno Local para manifestar o seu respaldo ás reivindicacións da plataforma promovida no Concello de Teo para rexeitar a instalación dunha planta de xestión de residuos na canteira de Casalonga. Para o goberno padronés, que precisa que Cruces sería a parroquia padronesa máis afectada pola proximidade á zona elixida pola empresa promotora, son "máis que razoables" as dúbidas acerca do "impacto ambiental real" que tería a implantación da planta en Casalonga sobre diferentes lugares do municipio, como poden ser Areal, Angueira e A Picaraña, entre outros. Ademais,…
O concelleiro de Emerxencias, Ángel Rodríguez Conde, informa que os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) con sede en Padrón comezaron nas últimas semanas a visitar tódolos edificios públicos do municipio para estudalos e coñecelos "desde unha perspectiva técnica", coa finalidade de axilizar a súa resposta e mellorar a eficacia da súa intervención den caso dunha posible incidencia. Nestas visitas de carácter preventivo, o persoal do GES avalia cada edificio público e elabora unha ficha informativa que recolle datos como a ubicación das acometidas de electricidade, agua e gas, as chaves de corte destes subministros, a conexión coa…
A concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso Dopazo, e a directora da oficina de Caixabank participaron na clausura da conferencia "Steps for senior ageing. Pautas para envellecer" ofrecida por María José Fares Varela, organizada nas aulas de ATEGAL Padrón. O alumnado do curso neuronup, de estimulación cognitiva por ordenador, amosouse moi participativo nesta actividade, que buscaba formar e informar ás persoas maiores sobre hábitos saudables na alimentación, no exercicio físico e na estimulación cognitiva e emocional, empregando as tecnoloxías da información como fío condutor e como ferramenta de traballo. Este obradoiro contou coa financiación de Caixabank, entidade que…
Os membros do xurado do Certame Poético Rosalía de Castro, que convoca desde hai catro anos a Concellería de Cultura de Padrón, acordaron hoxe concederlle o premio desta cuarta edición á valenciana Milagros Clotilde Agustina Pérez Villanueva polo traballo "Onde dá a volta o aire", presentado baixo o lema "Buguinas". O xurado desta cuarta edición do certame estivo presidido polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e contou como vogais coa concelleira de Turismo, Lorena Couso Dopazo; o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; a profesora da Universidade de Vigo Ana Acuña Trabazo -ausente na reunión, pero…
O Concello culmina as Xornadas da Lamprea coa distribución dunha revista nas escolas unitarias
O Concello de Padrón vén de culminar as actividades divulgativas das Xornadas Gastronómicas da Lamprea coa distribución nas escolas unitarias do municipio da revista "Cociñando cultura. A lamprea: historia e tradición", que recolle tódolos traballos elaborados polos/as alumnos/as destes centros sobre a lamprea. Segundo a concelleira de Cultura e Turismo, Lorena Couso, o obxectivo desta iniciativa é "concienciar aos máis pequenos da necesidade de conservar unha tradución tan propia de Padrón e con séculos de historia, como é a pesca da lamprea nas pesqueiras de Herbón". Para iso, na devandita publicación recóllese todo o material recompilado polos alumnos/as nos…
O Concello colabora na recuperación da Festa da Tortilla Xigante de Carcacía, que se celebrará o sábado 19 de maio
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez Conde, mantiveron nas últimas semanas diferentes reunións cos veciños da parroquia de Carcacía que decidiron volver organizar a Festa da Tortilla Xigante o sábado 19 de maio para transmitirlle o apoio municipal para recuperar un evento gastronómico que naceu en 1985 e que levaba dous anos sen celebrarse. Desde o primeiro momento, o alcalde padronés agradeceu "o traballo e a ilusión" dos integrantes da nova comisión de festas e garantiu a colaboración da Concellería de Festexos para "volver organizar unha festa gastronómica que no seu…
O concello activa as actividades do "Padrón Literario" en colaboración coas fundacións de Rosalía e Cela
O Concello de Padrón comezou a divulgar hoxe as actividades do programa "Padrón Literario", unha nova iniciativa impulsada desde as concellerías de Cultura e Turismo, que dirixe Lorena Couso, e que "pretende converter a riqueza cultural e literaria da capital do Sar nun recurso turístico cada vez máis atractivo". A concelleira salientou que esta iniciativa conta coa colaboración da Fundación Rosalía de Castro e da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, o que, na súa opinión, "xa é unha garantía de éxito, porque son dúas das entidades máis relevantes de Galicia en canto á defensa e posta en valor…