Novas recentes
Trátase dunha proba puntuable para a Copa Galega de Andainas de 50 quilómetros // Contempla as opcións de acurtar o percorrido ou de facelo correndo // As inscricións estarán abertas ata o 24 de marzo, sempre que queden prazas dispoñibles // A Andaina Bisbarra do Sar chegará o sábado 2 de abril á súa décimo quinta edición. A proba, cun percorrido de 50 quilómetros que discorre polos municipios de Padrón, Dodro e Rois, é puntuable para a Copa Galega de Andainas de 50 Kms. Pero a participación tamén está aberta a todas aquelas persoas que se animen a andar treitos…
Substituiranse 608 puntos de luz, 19 cadros de mando e o cableado en mal estado // O Ministerio de Transición Ecológica aporta 259.069 euros de fondos europeos // As obras, que terán un orzamento total de 323.000, terán que estar rematadas antes de xullo de 2023 // Padrón vai acometer en datas próximas a renovación do alumeado público na parroquia de Carcacía, substituíndo as luminarias actuais por outras de tecnoloxía LED de última xeración, o que permitirá reducir o consumo case á metade. Para levar a cabo o proxecto, o director xeral do Instituto para la Diversificación y Ahorro de…
Teñen ata o 19 de febreiro // Subvenciónanse ata o 70% das actuacións, cun límite de 3.000 euros // As obras comprenden o revestimento e pinturas de fachadas sen rematar, o acondicionamento de peches ou a substitución de celosías // Este mediodía ábrese o prazo para que os particulares poidan solicitar as subvencións destinadas a corrixir impactos paisaxísticos. As axudas cubrirán ata un 70% do importe da actuación, cun límite máximo de 3.000 euros. O prazo de solicitudes péchase o 19 de febreiro. Ademais dos particulares, os concellos tamén poden solicitar axudas para combater o feísmo. Neste caso, ábrense dúas…
O cemiterio de Adina acolleu esta mañá unha ofrenda floral no día no que se cumpren vinte anos da súa morte // O Museo Camilo José Cela desenvolverá visitas e obradoiros para escolares e en maio celebrará o nacemento do Nobel coa lectura de ‘A Rosa’ // Unha exposición percorrerá as sete cidades galegas para dar a coñecer as distintas vertentes de Cela // Este 2022 tamén se lembran os 80 anos da publicación de ‘La familia de Pascual Duarte’ // O cemiterio de Santa María de Adina, en Iria Flavia, acolleu esta mañá o acto de presentación das actividades…
O Auditorio acolleu onte a presentación do libro ‘Padrón Xacobeo 21-22’ coas achegas da veciñanza O alcalde incide nos atractivos históricos, monumentais e naturais que relacionan a vila coa peregrinación ao sepulcro do Apóstolo Xesús Palmou e Cecilia Pereira coinciden en que a tradición xacobea non se pode entender sen Padrón e a lenda da Traslatio “Padrón é o berce do fenómeno Xacobeo e dos Camiños de Santiago, e unha visita obrigada para quen queira coñecer a historia de Santiago en Galicia”, asegurou onte en Padrón o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, durante a presentación do libro Padrón Xacobeo…
As inscricións realizaranse na web de Emesports e pecharanse o 2 de febreiro As competicións de 5 e 10 quilómetros contan con marcas oficiais Abrirán a carreira os máis pequenos ás catro da tarde e pecharana os adultos ás 17.30 horas A 10K de Padrón chegará o sábado 5 de febreiro a súa décimo novena edición con máis dunha ducia de categorías, que arrancarán nos 100 metros para os máis pequenos, e prazas limitadas na proba absoluta por causa da pandemia. Así, a competición, que terá carácter oficial nas carreiras en ruta de 5 e 10 quilómetros, contará este ano…
Textos e fotografías da veciñanza resaltan en 31 artigos os fortes vínculos da localidade co nacemento do fenómeno xacobeo O alcalde, Antonio Fernández, estará acompañado no acto pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou O acto comezará ás sete e será necesaria inscrición previa por limitacións de aforo O Auditorio municipal de Padrón acollerá na tarde do vindeiro xoves, 13 de xaneiro, a presentación do libro Padrón Xacobeo 21-22, editado pola Concellaría de Turismo e no que se recompilan 31 artigos que reflicten a íntima ligazón da vila padronesa co…
O Concello de Padrón vén de recibir corenta lotes de alimentos doados polo Show dos Pallasos, que serán distribuídos entre as familias máis desfavorecidas do municipio. Uns produtos que foron entregados por Elías Sanmarco, responsable do Show dos Pallasos e promotor desta iniciativa solidaria, á concelleira de Participación Cidadá padronesa, Carmina Bustelo, quen estivo acompañada por voluntarios de Protección Civil de Padrón. Carmina Bustelo Rial agradeceu “a iniciativa solidaria posta en marcha por Elías Sanmarco, así como a colaboración de todas as empresas e persoas que farán máis levadeiras e doces estas datas para familias en situación de vulnerabilidade e…
O Concello de Padrón vén de convocar a oitava edición do Certame Poético Rosalía de Castro, no que poderán participar todas as persoas de calquera nacionalidade que presenten obras poéticas inéditas en lingua galega non premiadas noutros concursos. A temática será de libre elección, así como a forma poética elixida, cunha extensión mínima de 400 versos. O premio, único e indivisible, consiste en 1.500 euros e un diploma acreditativo. Así mesmo, a obra premiada será publicada na colección de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón. O prazo de presentación irá do 3 de xaneiro ao 15 de marzo…
O Concello de Padrón esixirá un certificado sanitario para a práctica de actividade física ou deportiva non federada nas súas instalacións deportivas municipais cubertas. A medida afectará tanto ás persoas usuarias da piscina e do ximnasio municipais como ás actividades deportivas que realizan, por exemplo, os nosos maiores. Así, a partir do vindeiro luns 20 de decembro, as persoas maiores de 12 anos que desexen acceder a estas instalacións deportivas deberán dispoñer dun certificado que acredite que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a Covid-19, que contan cunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas (PCR) ou 48…